Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar varre as cinzas despois do lume.

O Concello de Gondomar varre as cinzas despois do lume.

Correo-e Imprimir PDF
couso teton 2013 7

Desde a Concellaría de Vías e Obras do Concello de Gondomar infórmase de que se están a limpar as pistas forestais afectadas “polos incendios que asolagaron Gondomar nas pasadas semanas”, co obxectivo de evitar que as cinzas cheguen ás casas próximas ou ás estradas e camiños da contorna. Esta é a primeira comunicación pública da administración local co respecto a intervencións relativas á cadea de incendios que arrasou centenares de hectáreas do municipio. Durante os incendios, tiveron lugar varias denuncias de veciños e colectivos que alertaron do mal estado de conservación dalgúns destes camiños forestais, que en moitos casos dificultou as tarefas de combate dos brigadistas e maquinarias de apoio.

O mal estado da pista de Vilas provocou o espallamento do lume no monte de Morgadáns.

Segundo anuncia o Concello, xa se levaron a cabo tarefas de limpeza nas parroquias de Couso, Peitieiros e Morgadáns, e estanse a realizar en Donas. Foi xustamente con motivo do último lume en Morgadáns, que foi denunciado o mal estado da pista que sube cara a Vilas e que obrigou a unha operativa máis complexa e retardada no combate do incendio na zona, o que provocou que as lapas consumiran máis espazos forestais. Así o denunciou o veciño Rodrigo Rodríguez, nunha nota que recolleu Gondomar.tv, na que daba conta da desfeita.

“(…)la pista que sube hacia Vilas está impracticable debido a las riadas de hace 2 años, por lo que dirigiéndome al Presidente de la Entidad, el Sr. Esmerode, le dije «Urbano, antes del  verano te dije que había que arreglar la pista por si pasaba algo de esto», a lo que me contestó «estamos esperando a que se apruebe un proyecto de la Xunta, etc , etc», por lo que le volví a contestar  «si te pones a esperar por la Xunta pasan 3 años», denunciaba o veciño, presente no lugar do lume.

Por riba, Rodríguez sinala “la pasada semana (do incendio) anduvieron justo por esta pista el Excelentísimo Alcalde de Gondomar D. Fernando Guitián y el Concejal de Vías e Obras e Saneamento, Jesús Salgueiro entre otros técnicos viendo y marcando la zona para el proyecto de saneamiento , ¿es qué no vieron el estado en que se encontraba la pista?”.

Soidade das Comunidades de Montes nas tarefas de prevención

Tamén dende as comunidades de montes sinálase na soidade na que se atopan nas tarefas de prevencións contra o lume, co respecto a actuacións das administracións públicas. Nese senso, Xosé Antón Araúxo (CC. MM de Couso), salientaba o feito de que as subvencións da Xunta de Galicia a tal efecto non chegaron a tempo este ano.  Na entrevista concedida a Gondomar.tv e Valminor.info, o comuneiro esixía maior implicacións das administracións públicas á hora de prover recursos para as tarefas de prevencións, nomeadamente as limpezas do monte e pistas antes da chegada do verán.