Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños reportan con tristeza as consecuencias das 12 horas de lume na Serra do Galiñeiro.

Veciños reportan con tristeza as consecuencias das 12 horas de lume na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
valado cc vincios
cecilia rial salgueiro
monte queimado
brigada1
bombeiros 5 rochas
rochas carteis cans galinheiro
hirdoavion galinheiro
Veiro
bombeiro monte galinheiro
rochas queimadas galiñeiro
zona touba
arco da vella bombeiros
  • Anterior
  • 1 of 12
  • Seguinte

- O Pedraghullo arrasado polas lapas e por poucos metros sálvanse a Touba do Brión e O Muíño de Asubío.
- As pegadas do lume nun reportaxe fotográfico coas imaxes captadas polos veciños.

Tras 12 horas de traballo das brigadas contra incendios, Medio Rural dá por controlado dende as 13:13 horas o lume rexistrado na Serra do Galiñeiro que afectou zonas de monte baixo próximo aos barrios de Brandufe e Piñeiros, na parroquia de Vincios (Gondomar). Segundo testemuño do veciño da zona e ecoloxista Pablo Casal, os lugares máis afectados foron o monte dos Arruidos, na parte alta de Brandufe, mentres que "O Pedraghullo ardeu por completo".

Casal, que estivo presente durante os traballos de extinción do lume, sinalou con alivio que " A Touba de Brión e o Muíño de Asubío salváronse de milagre, apenas por dous metros". No caso da mítica cova A Touba do Brión, o regato Cobreiras fixo de cortalume natural, evitando que as lapas achegáranse ao interior da mesma, segundo comprobou o testemuño no lugar.
Lamentablemente as pequenas covas "Onde Fumega a Vella" (debaixo da Touba do Brión" e "A do Ficho" (Abrigueiro), non escaparon ás lapas que deixaron a súa pegada nas rochas.

Segundo comentou Casal a este medio, veciños do barrio de Brandufe estiman que o lume deu comezo a escasos 50 metros das primeiras vivendas. Nunha zona de monte arborado, e pasada a una da madrugada. O efecto do vento que corría do mar cara ao Galiñeiro, fixo que as lapas espalláranse cara o alto da zona, afectando principalmente o monte baixo e os espazos máis rochosos, nos que se atopan as covas antes sinaladas.

As primeiras estimacións de Medio Rural abranguen 20 hectáreas afectadas polo lume. Nembargantes, as estimacións de varios dos brigadistas que actuaron no lugar non baixan de 30 hectáreas "mínimo".

Segundo reporta Medio Rural nos traballo de extinción interviron 5 axentes forestais, 14 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 avións.