Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O bipartito PP-CDL mandou á oposición a xestionar unha marquesiña para os veciños de Gondomar.

O bipartito PP-CDL mandou á oposición a xestionar unha marquesiña para os veciños de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Patricia Durán, portavoz do PP durante o pleno do pasado xoves 6 de outubro.

O grupo municipal do PSOE Gondomar solicitou a colocación dunha marquesiña na parada da autobuses situada a carón da praza de abastos da Ramallosa, no pleno da corporación. O fixo a través dunha moción na que solicitaba ao goberno do popular Fernando Guitián que iniciase os trámites correspondentes ante a Delegación de Transportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, por estar esta sobre a carreteira Ramallosa – Gondomar (PO 400). Situada en territorio do municipio de Nigrán, debíase tamén entablar xestións coa devandita administración local, gobernada polo popular Alberto Valverde. A portavoz da agrupación de goberno Patricia Durán compartiu a necesidade de contemplar a iniciativa, pero sorpresa, negouse a que o goberno fixera as xestións: “Pidao ao seu grupo en Nigrán” espetoulle a Francisco Ferreria, asinante da moción.

A solicitude baseabase en que trátase dunha parada principalmente utilizada polos veciños de Gondomar, os que están expostos acotío ás inclemencias do tempo. Ante a resposta de Durán, Ferreira sinalou no debate que ía “por su posto” a solicitar aos seus pares de Nigrán a devandita xestión. Tamén anunciou que presentaría a iniciativa ante a Mancomunidade do Val Miñor. A oposición de forma unánime condenou a negativa do bipartito a asumir as xestión e recordoulle que é a súa obriga defender os intereses dos veciños do concello “onde toque facelo”.