Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Garda sindical ás portas de Islas Industries no polígono A Pasaxe para evitar desmantelación da empresa.

Garda sindical ás portas de Islas Industries no polígono A Pasaxe para evitar desmantelación da empresa.

Correo-e Imprimir PDF
2011_09_29PecheIslasIndustries1.preview

Os traballadores de Islas Industries abandonan o peche na empresa unha vez que a compañía se acolleu á lei concursal

O cadro de persoal da firma con sede en Gondomar continúa facendo garda á porta das instalacións para evitar a retirada de material

O cadro de persoal de Islas Industries, abandonou o peche que mantiña no interior das instalacións do polígono A Pasaxe de Vincios, en Gondomar, despois de que a dirección da empresa accedese a retirar o ERE de extinción que afecta a 70 dos seus 98 empregados e se acollese á lei concursal, informou a representación sindical. Os traballadores da firma do sector do metal continúan facendo garda ás portas da compañía para evitar a saída de material.

Os empregados da empresa dedicada á instalación de canalizacións navais e industriais puxeron fin ao peche despois de que a compañía cumprise as súas principais demandas, expresadas en mobilizacións anteriores. Ademais da entrada na lei concursal, a compañía xa remitiu telematicamente os datos dos traballadores ao INEM para que poidan cobrar o paro dos meses de xuño, xullo e setembro.

Outro dos requisitos era a elaboración dun inventario de equipos útiles e materiais bens mobles da empresa e o compromiso coa Inspección de Traballo de que se vai conservar o seu activo. Precisamente para evitar a posíbel descapitalización da firma os traballadores continúan de garda á porta das instalacións, informaron dende a Confederación Intersindical Galega.

Dende a CIG-Metal sosteñen que o ERE non se atopaba debidamente xustificado e denuncian que agochaba un intento da patronal de “desfacerse dos seus traballadores para contratar man de obra barata”. O secretario comarcal da CIG-Metal de Vigo e traballador de Islas Industries, Manolo Simón, denunciou que detrás dos despedimentos hai unha estratexia empresarial que persegue eliminar a maior parte dos cadros de persoal “para recorrer a man de obra barata doutros países cando se recupere a carga de traballo no sector naval”. Neste senso, lembrou que moitos dos afectados levan de 20 a 30 anos traballando para a compañía.