Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O uso do chaleco reflactante por peóns e ciclistas será o obxectivo da campaña "Faite Ver" en Gondomar.

O uso do chaleco reflactante por peóns e ciclistas será o obxectivo da campaña "Faite Ver" en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
faite-ver

Escolares, estudantes de instituto, ciclistas e peóns serán o obxectivo dunha campaña a prol da utilización de chalecos reflactantes nas carreteiras por parte do Concello de Gondomar. A iniciativa "Faite Ver", organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar e mais a Policía Local do municipio, quere sensibilizar á poboación da necesidade de portar como viandantes este elemento de seguridade. Os promotores aseguran que moitos dos accidentes se que se producen nas carreteiras en condicións de escasa visibilidade, no lusco fusco, a noite, xornadas de choiva, poderían evitarse de tomarse a devandita precaución, facilitando a visión dos condutores de vehículos.

Esta campaña constará de dúas actividades; a primeira delas será a entrega de dípticos informativos así como chalecos e bandas reflectantes a peóns e ciclistas, o próximo sábado 24 de setembro na PO 340 á altura da Avenida do Tranvía de 10:00 a 13:00 horas.

A segunda actividade, se levará a cabo a primeira semana de outubro e consistirá nunha charla informativa sobre seguridade nas estradas dirixida aos escolares dos centros IES Auga da Laxe e IES Terra Turonio de Gondomar. Así mesmo, se achegarán dípticos informativos, chalecos e bandas reflectantes a todos os estudantes.