Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O debate da reforma da Constitución española chega a Gondomar.

O debate da reforma da Constitución española chega a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Olaia Fernández Davila e Antonio Araúxo expoñerán a postura contraria do BNG á reforma constitucional.

O vindeiro luns 26 de setembro a Casa da Cultura de Gondomar acollerá un acto público convocado polo Bloque Nacionalista Galego, onde se expoñerá a postura desta corrente política sobre a proposta de reforma da Constitución do Estado Español. Nesa instancia a deputada polo BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, xunto co portavoz local Antonio Araúxo intervirán achegando a súa opinión sobre o establecemento do concepto de "estabilidad presupuestaria" que os reformistas intentan introducir no artigo 135 da norma. O acto dará comezo ás 20:30 horas.

A devandita proposta de reforma realizada o pasado 23 de agosto polo presidente do goberno Rodríguez Zapatero, conta co apio de ambos os dous partidos maioritarios PP e PSOE. Os nacionalistas mantén unha posición contraria á mesma por considerar que " É unha reforma que afecta negativamente a Galiza porque o noso País –con pesións e salarios máis baixos e cun ritmo de destrución de emprego superior ao do Estado- é especialmente vulnerábel á política de recortes", salientou Araúxo. O concelleiro de Gondomar e ex rexedor municipal agregou que a modificación á que cualificou de "reforma expres", afecta a Galicia "negativamente como País porque viola o noso dereito ao autogoberno, limitando a nosa capacidade para intervir na economía nun sentido positivo."

Texto oficial da reforma constitucional.