Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Biblioteca de Gondomar recibe unha doazón de máis de 60 libros da Fundación Barrié.

A Biblioteca de Gondomar recibe unha doazón de máis de 60 libros da Fundación Barrié.

Correo-e Imprimir PDF
casadacultura

 

A biblioteca municipal de Gondomar recibiu a doazón de máis de 60 libros editados pola Fundación Barrié para incorpora-los aos seus fondos de consulta en sala.

As áreas temáticas dos libros abordan materias relacionadas coa cultura galega: pintura, música, arquitectura, patrimonio, etc. Entre os títulos máis interesantes destacan Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia de Ángel del Castillo; Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo.  Tamén algunhas das publicacións máis recentes editadas pola Fundación ao redor das súas exposicións,  títulos como Paul Strand. En el principio fue  Manhattan (libro galardoaado como Premio PhotoEspaña 2009); ou Picasso. Laboratorio de Estilos.

A Biblioteca Municipal de Gondomar con esta doazón superará xa os 14.100 exemplares de fondo bibliográfico para consulta en sala e préstamo aos seus ,máis de 2.100 socios. Dado que está dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia, estanse a catalogar todos estes fondos para facilita-lo acceso mediante o programa MEIGA. O horario de apertura e atención ao público abrangue dende as 9.00 da maña ate as 2.00 do medio día e de 5.00 a 8.00 da tarde.