Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez dá comezo á pre-campaña do 20-N en Gondomar.

O portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez dá comezo á pre-campaña do 20-N en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG dará incio a pre campaña do nacionalismo en Gondomar.

O portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez participará nun encontro multisectorial o vindeiro venres 21 de outubro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Para o acto, co que o BNG inicia a precampaña en Gondomar cara o 20-N, foron convidadas 78 asociacións locais de diversas actividades sociais. Os organizadores teñen por obxectivo "coñecer de primeira man a opinión dos axentes máis activos da sociedade que estas entidades representan". Na xuntanza tamén participará a deputada no Congreso, Olaia Fernández Dávila, cabeza de lista do BNG por Pontevedra.

"Trátase dun encontro multisectorial ao que foron convidadas todas as asociacións e entidades culturais, deportivas, sociais, de empresarios, de comerciantes, musicais, ANPAS, xuvenís, veciñais, comunidades de Montes, etc, etc, que actualmente desenvolven o seu labor en Gondomar ata un total de 78 entidades", informou o concelleiro e coordinador do grupo Municipal do BNG Gondomar, Antonio Araúxo Quintas.

Neste encontro, ademais de explicar cales son as propostas do nacionalismo cara ás eleccións nacionais e dar conta do que se fixo nestes catro ano, trátase de analizar "como podemos incidir dende Galiza e en clave galega para mudar a actual situación, queremos sobre todo escoitar a opinión da sociedade civil organizada como é o caso", salientou Araúxo.