Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O CDL inaugurou sede en Gondomar.

O CDL inaugurou sede en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O CDL inaugura sede na Rúa Elduayen de Gondomar.

O Centro Democratico Liberal de Gondomar inaugurou sede na Rúa Elduayen, na planta baixa do mesmo edificio que ocupara o grupo independente Move Gondomar, do ex concelleiro Manuel Núñez Sestelo. Rodeados de amigos e simpatizantes, os concelleiros Natalia Salgueiro e mais Ignacio Troncoso, celebraron a apertura deste espazo ao que definiron como “Una casa abierta a todos los gondomareños”.

O acto, celebrado o pasado sábado, contou coa presenza do presidente federal do CDL José Palacín. A dirección do CDL salientou que este es “otro avance del partido centrista que abre su primer espacio físico permanente de interacción ciudadana y como lugar de encuentro para afiliados y simpatizantes”.

O CDL Gondomar que xurdiu a mediados do pasado mes de abril dunha escisión de militantes do Partido Popular, conta na actualidade con dous concelleiros no Pleno da Corporación. A través dun acordo cos populares forma parte do actual goberno ocupando Natalia Salgueiro a segunda teneduría de alcaldía, e mais as concellerías de Economía, Facenda, Emprego, Formación e Deporte. Pola súa banda, Ignacio Troncoso dirixe a concelleria de Cultura.