Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Espectáculo musical na praza do Concello de Gondomar.

Espectáculo musical na praza do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
praza-concello-gondomar

 

O Concello de Gondomar celebrará este xoves ás 13 horas un concerto a cargo da Big Band  de Vincios no quiosco da praza do Concello. O espectáculo servirá tamén para amosar as recentes obras de remodelación deste senlleiro espazo público da vila condal. Unha fonte de chorros e novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras) forman parte da nova faciana.

A obra foi realizada por operarios municipais e o mobiliario estivo cedido pola Deputación de Pontevedra. Xunto coa colocación da fonte (realizada con fondos do Concello), a praza presenta nova iluminación.Os traballos tamén incluíron a limpeza da súa contorna, o encintado das pedras e a sementa de elementos paisaxísticos.