Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A gondomareña Vanessa Veiga, campioa de España de maratón a un paso de Londres 2012.

A gondomareña Vanessa Veiga, campioa de España de maratón a un paso de Londres 2012.

Correo-e Imprimir PDF
vanesaveiga

A atleta gondomareña Vanessa Veiga quedou a un paso dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 logo de proclamarse campioa de España de maratón. A proba desenvolveuse este domingo, no marco da segunda edición da Maratón Internacional de Castellón, nela Veiga fixo o percorrido nun tempo de 2h32:27 e obtivo a marca mínima para clasificarse aos Xogos de Londres. A vitoria na carreira foi para a kenyana Jemina Jegalat que investiu 2h:28:34 para completar os 42,195 quilómetros da proba, por diante de Vanesa Veiga e Beatriz Ros (2h33:11).

 

Veiga, de 31 anos, retomou o atletismo hai uns meses logo dun parón de sete tempadas nas que se dedicou ao coidado dos seus tres fillos. O seu regreso non puido ser máis frutífero, pois este ano proclamouse Campioa de España de Maratón e de Medio Maratón.

Así as cousas, o Comité Técnico da Real Federación Española de Atletismo terá que decidir os atletas que presente aos XXOO de Londres o próximo verán, onde poden participar ata un máximo de tres homes e tres mulleres por país. Segundo os especialistas desta especialidade, en mulleres todo está case decidido, e a gondomareña integrará o equipo español xunto con Beatriz Ros e outra galega, Alessandra Aguilar (Lugo), que culminou con 2:27:00 o Maratón de Rótterdam o pasado 10 de abril.