Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Polémica en Gondomar pola apertura dun local na Rúa Otero Pedrayo, baseado nun informe xurídico externo.

Polémica en Gondomar pola apertura dun local na Rúa Otero Pedrayo, baseado nun informe xurídico externo.

Correo-e Imprimir PDF

 

Os veciños da Rúa Otero Pedrayo nº 3-5 denuncian a instalación dunha cheminea de extracción de gases que non cumpre cos requisitos legais por parte dun bar - tapería situado nos baixos do edificio. A obra, parte dun reacondicionamento xeral do local, conta cun permiso de obra outorgado pola administración de Martín Urgal, co informe desfavorable dos servizos xurídicos do Concello, pero levantado posteriormente por un informe xurídico externo. Os veciños informan que levan presentadas unha morea de denuncias, das cales só 31 delas foron interpostas á actual administración Guitián, ser recibir ningunha contestación formal. Ante o aviso dunha inminente apertura das actividades do local, a súa presidenta Mar García Hermida, presentou este venres unha nova demanda esixindo ás autoridades municipais que se pronuncien sobre o caso.

A posición da comisión de veciños é rotunda en canto o local non podería iniciar actividades. Baséanse nunha observación do permiso de actividade e obra outorgado polo Concello en febreiro de 2011, que condiciona a licenza de inicio a unha inspección final dos técnicos municipais que deben comprobar "la apliación de las medidas correctoras adecuadas al ejercicio de la actividad, especialmente las referidas a la protección contra la contaminación acústica". Os veciños afirman que a devandita cheminea está a case dous metros por debaixo do proxecto orixinal, quedando por baixo do cumio do edificio, coas negativas consecuencias que para estes terá a súa posta en funcionamento.

Consultado o alcalde Fernando Guitián, este adiantou que o informe final dos técnicos é favorable a obra realizada. Nembargante iso, e a pesar de que entende persoalmente que a local si estaría habilitado par iniciar actividades, en caso de formularse reclamos precisou que deberá ser a xustiza quen determine a situación..

A incerteza para veciños e comerciantes non remata nisto. A devandita licenza atópase no Xulgado de Instrución Nº 4 de Vigo xunto con outro grupo de documentos de igual índole aos que a Fiscalía acusa de "irregulares", por ser outorgados por servizos xurídicos externos durante a administración Urgal,  e non polos procedementos administrativos que a lei ordena.

Os veciños anuncian que de non recibir unha resposta escrita por parte do Concello tamén eles recorrerán á Fiscalía. Aseguran estar cansos do "silencio" da administración e entenden que o seu manexo por parte do actual goberno municipal "segue nas mesmas".

Antecedentes.

A comisión de veciños afirma que o problema "vén de vello cando o bar instalado no baixo do edificio no que habitamos 24 familias, chegou a abrir  sen as condicións técnicas, legais, etc, preceptivas. Nese momento paralizouse a súa actividade por carecer de todos os requisitos obrigados para a mesma. Pois ben, cal sería a nosa sorpresa, que a día de hoxe anunciase de novo a súa apertura sen que nos conste aos afectados".

 Sinalan que "polo medio houbo diferentes episodios como, último relacionada coa colocación da cheminea de extracción de gases instalada polo exterior do edificio por zonas comúns sen previo aviso e ,invadindo a intimidade dos veciños, ancorando os andamios á facha sen autorización da comunidade, etc. O resultado é a instalación dunha cheminea que non cumpre co establecido no proxecto nin coas indicacións dadas polos responsables das obras aos veciños afectados, incluso invadindo os nosos tendedeiros de roupa".