Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Comeza o IV Torneo escolar de tenis Nadal en Gondomar.

Comeza o IV Torneo escolar de tenis Nadal en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
tenis

A partir do vindeiro domingo terá lugar o IV Torneo escolar de tenis Nadal organizado polo Club de Tenis Gondomar. Nesta edición participarán máis de 130 nenas e nenos nas competencias que terán lugar a partir das 9 horas. Os partidos celebraranse nas instalacións do Pavillón Municipal de Gondomar e nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe. O evento conta coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellería de Deportes.