A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través do Departamento de Benestar Social, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO, para persoas maiores e pensionistas que cumpran os requisitos da convocatoria.
O Prazo de presentación de solicitudes, remata o próximo día 11 de Xaneiro para as persoas interesadas en participar nos meses comprendidos entre Febreiro ata Agosto.
Para participar nos meses de setembro ata decembro O Prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o próximo 16 de maio.
Para máis información e recollida de solicitudes deben dirixirse o Departamento de Benestar Social do Concello, na Casa da Cultura de Gondomar.