Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ONGD de Nicaragua visitará o Concello de Gondomar.

ONGD de Nicaragua visitará o Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
casa-en-construcion

Unha delegación da ONGD da República de Nicaragua, INPRHU-Somoto, visitará Gondomar este mércores ás 13 horas, co xeito de dar a coñecer os proxectos realizados co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS). Trátase dunha das "Visitas ao Norte" que se organizan dende o FGCS, para divulgar as iniciativas cofinanciadas no Sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional.

 

A comitiva que percorrerá Galicia esta semana para dar a coñecer os proxectos realizados co apoio do está integrada polo enxeñeiro agrónomo Armando Rodríguez Portillo, director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto, e coordinador do seu Programa de desenvolvemento rural. Canda el vén a traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación Alternativa Rural Telpochcalli. Ambos os dous visitarán diversos Concellos e Deputacións entre o 25 e o 27 de xaneiro, para pechar a axenda o sábado 28 cunha intervención nos 'Encontros: Institucións Locais e Solidariedade' que se celebran co PSdeG no Parlamento de Galicia.

23 intervencións no país

Na actualidade, o Fondo Galego apoia en Nicaragua a construción de vivendas para familias indíxenas, que leva aparellada a mellora da salubridade e a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución. Con este son xa once proxectos de cooperación directa co INPRHU-Somoto, promovendo o círculo de desenvolvemento sostible no departamento de Madriz, aos que se suman outros 12 subvencionados a ONGD galegas que traballan no país centroamericano.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 Concellos e as catro Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

AXENDA

Mércores 25

11.00h Visita institucional ao Concello de Vigo.

13.00h Visita institucional ao Concello de Gondomar.

17.00h Visita institucional ao Concello de Tomiño.

Xoves 26

10.30h Charla no IES María Casares + 12.00h Visita institucional ao Concello de Oleiros.

13.30h Visita institucional ao Concello de Ferrol.

17.30h Visita institucional ao Concello da Coruña.

Venres 27

10.00h Visita institucional á Deputación de Lugo + Charla co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

13.00h Visita institucional ao Concello Monforte de Lemos + Charla na Casa da Cultura á que acudirán dous IES da vila.

17.00h Visita institucional ao Concello de Sarria.

Sábado 28

10:30 En Santiago de Compostela, Intervención da delegación do INPRHU-Somoto nos Encontros: Institucións Locais e Solidariedade, PSdeG-Fondo Galego, no Parlamento.