Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A asemblea de militantes do CDL Gondomar ratifica o liderado da concelleira Natalia Salgueiro.

A asemblea de militantes do CDL Gondomar ratifica o liderado da concelleira Natalia Salgueiro.

Correo-e Imprimir PDF
Natalia-Salgueiro

A asemblea de afiliados do CDL Gondomar ratificou o liderado da concelleira Natalia Salgueiro ao fronte da agrupación centristas ao nomeala presidenta da Xestora Local. Na mesma xuntanza, celebrada este mércores 18 de xaneiro na sede de Gondomar, foron nomeadas outros 11 militantes nas distintas áreas da Xestora. Ao acto concorreron Luís Fraga, presidente provincial do CDL e mais José Palacín, como cabeza federal do partido.

 

Tratouse da primeira asemblea de afiliados que formalmente celebrou o CDL Gondomar, dende a súa creación días antes de celebrarse as municipais de maio de 2011. Daquela, o grupo conformouse principalmente con ex militantes do PP Gondomar, escindidos logo da asunción de Fernando Gutián ao fronte dos populares.

O grupo de traballo que acompañará a Salgueiro está composto inicialmente por 11 persoas máis, entre os que destacan os cargos de Secretario que recaeu en Javier Gregores, Tesoureiro para o que foi electo Laureano Garrido, Secretario de Comunicación e Prensa en mans do concelleiro Ignacio Troncoso, e o Representante do CDL Gondomar no Comité Provincial que asumiu Darío dos Santos.

Unha vez finalizada a votación, Salgueiro deu as grazas aos presentes pola confianza que se depositou nela. e Luís Fraga e José Palacín, desexaron sorte ao novo equipo xestor do CDL gondomareño e de paso tiveron palabras de agarimo e alago para o ata agora Portavoz da Agrupación, José Manuel Comesaña, o cal seguirá no equipo en calidade de vogal.

Coa Constitución desta Xestora o CDL en Pontevedra fai a súa agrupación local nº 6 e ten 9 máis en status de Portavocía á espera do seu próxima creación de aquí ás Autonómicas, informaron fontes da agrupación.