Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar terá a Eladio Costas na 1ª Tenencia de Alcaldía e unha Xunta de Goberno bipartita.

Gondomar terá a Eladio Costas na 1ª Tenencia de Alcaldía e unha Xunta de Goberno bipartita.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

A xunta de goberno do Concello de Gondomar estará finalmente integrada por catro concelleiros do PP e dous do CDL.

O concelleiro Eladio Costas (número dous na candidatura do Partido Popular) terá a 1ª Tenencia de Alcaldía e Natalia Salgueiro (CDL) a 2ª Tenencia.

Ademais das dedicacións exclusivas do alcalde e a xa pactada para Salgueiro, o equipo de goberno contará con catro medias dedicacións.

Ademais do soldo do Alcalde, a agrupación de goberno popular de Gondomar proporá a existencia dunha dedicación exclusiva para Natalia Salgueiro (CDL), Concelleira de Economía e Facenda, de Traballo e Deportes; e catro dedicacións parciais para os concelleiros populares Jesús Salgueiro (Vías e Obras e Saneamento), Paula Bouzós (Industria, Comercio, Turismo, Educación e Sanidade), Carlos Lameiro (Urbanismo, Patrimonio e Vivenda) e Juan Carlos González (Servizos). A iniciativa será presentada para a súa aprobación no vindeiro pleno extraordinario de organización a celebrarse este mércores 13 ás 13 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Gondomar.

Tamén se propón a existencia dunha Primeira Tenencia de Alcaldía para Eladio Costas e unha Segunda Tenencia para Natalia Salgueiro. Cabe destacar tamén que a Xunta de Goberno estará formada Eladio Costas (PP), Natalia Salgueiro (CDL), Patricia Durán (PP), Paula Bouzós (PP), José Ignacio Troncoso (CDL) e o propio alcalde Fernando Guitián (PP).

Neste pleno extraordinario tamén terán lugar os nomeamento das representacións nas organizacións supra municipais na que participa a administración gondomareña. O pacto de goberno PP - CDL, conta coa maioría absoluta (9 votos en 17), de cara a facer efectiva a aprobación de todas as súas proposta na reunión plenaria.