Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os primeiros nove días do alcalde Fernando Guitián ao fronte do Concello de Gondomar.

Os primeiros nove días do alcalde Fernando Guitián ao fronte do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián no seu despacho no Concello de Gondomar.

Presentar no Pleno, á maior brevidade, ás dedicacións e distribucións de concellerías; por en funcionamento Urbanismo e rematar "o aterraxe" do equipo de goberno na alcaldía. Estes son os puntos principais da axenda desenvolvida nestes primeiros 9 días dende a súa investidura como alcalde de Gondomar por Fernando Guitián. A tarefa estase a cumprir en medio do vórtice dun despacho onde non cesan, dende o pasado luns 13, as peticións de citas por parte de veciños, empresarios, funcionarios e proveedores que solicitan a urxente atención do novo rexedor para evacuar inquedanzas, necesidades e consultas. Outra característica deste período é a ausencia dunha "transición" entre a administración de Martín Urgal e a actual, aínda que sexan ambas do PP. Guitián manifesta que prefire ingresar directamente á realidade e ir atopando as solucións co seu equipo, aínda que mantén dialogo co seu antecesor sobre temas puntuais cando é necesario.

A pesar da situación descrita e os poucos días no goberno, Guitián amosa optimismo en canto a que a propia estrutura do concello está capacitada para funcionar con normalidade e cumprir con eficacia as súas obrigas de cara aos veciños. "Tódolos concelleiros están inmersos nas súas tarefas", asegura Guitián, aínda que ningún deles é de momento oficialmente responsable de ningunha área municipal. O rexedor sabe que o vindeiro 18 de xullo é a data final para ter o tema resolto, pero confía conseguirllo nos próximos días. O reparto de funcións xa está feito. Tamén unha lista provisional coas dedicacións exclusivas e parciais dos concelleiros, pero ata que unha reunión co interventor municipal non permita ter unha visión máis clara da situación das arcas municipais, non se tomará a decisión final nin se porá en consideración do Pleno.

Os retos da administración de Guitián son tan grandes e complexos como a propia realidade política e social onde lle toca gobernar. Nun marco de crise económica nacional, recibe un concello cun interventor que fai unha visita semanal á administración. Unha realidade que de non solucionarse pode significar "un pau na roda" e un freo importante da actividade municipal. Proba diso é que a nove días da investidura, o rexedor non sabe a ciencia certa como están as finanzas e lle impiden dar o primeiro paso para formalizar o seu equipo de concelleiros de goberno.

O que si está decidido é a "filosofía" coa que Guitián quere manexar a distribución e magnitude das retribucións ás dedicacións de cada concelleiro. En principio, e de ser posible, a política será que todo aquel que brinde parte do seu tempo e esforzo no traballo dunha responsabilidade reciba unha remuneración. E dentro desta máxima e segundo a devandita capacidade das arcas municipais, que as retribucións respondan á cantidade de responsabilidades asumidas neste mandato. Neste senso, e se ben non foi tema da conversación, pódese asegurar que o alcalde terá unha dedicación exclusiva, e outra a concelleira Natalia Salgueiro (CDL) por mor do acordo de goberno entre ambas forzas.

En materia política e a diferenza do ocorrido recentemente no concello de Baiona, Guitián manifestou a súa vontade e decisión de manter a tradición dos Plenos Municipais mensuais.

Urbanismo

A titularidade na Concellería de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda recaerá no concelleiro popular Carlos Lameiro Pérez, axente comercial de 59 anos, da parroquia de Vincios. Baixo a súa carteira atópanse dous puntos claves deste mandato: dar a aprobación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e abordar o remate e posta en funcionamento do plan sectorial do Polígono Industrial de A Pasaxe.

Segundo informou Guitián a Valminor.info, Lameiro será asistido en materia xurídica pola concelleira Patricia Durán Pérez, na súa condición de avogada, e por él mesmo, que aportará a súa experiencia como empresario neste rubro. Este "triunvirato político" que traballará en urbanismo volverá a confiar nas Técnicas Municipais, asegurou o rexedor. Aínda que matizou que elas deberán pola súa parte "cumprir co seu traballo". Sen embargo, aínda seguen vixentes as resolucións de alcaldía de febreiro e marzo do período do anterior alcalde Martín Urgal, coas prohibicións expresas para estas funcionarias de poder traballar en materia de urbanismo. Consultado ao respecto, Fernando Guitián admitiu non haber derogado as mesmas pero reiterou cal será a filosofía de traballo e asegurou que unha vez que asuma o cargo o concelleiro de urbanismo, tomaranse as medidas necesarias.

O contrato de asesoramento externo con Martínez Torea cumprirase ata o final.

Tamén dentro desta concellería, deberá resolverse que facer co contrato de asesoría externa en materia xurídica que o 22 de febreiro pasado e por 6 meses firmouse co despacho do avogado Martínez Torea por parte do anterior rexedor. No acordo, o avogado destina 25 horas semanais en xornada flexible a cambio de 2.916,66 euros mensuais, realizando tarefas que deberían cumprir as Técnicas Municipais. Neste punto, Guitián matizou o tema afirmando que é un contrato a término con vencemento ao mes de agosto e que non será renovado. Consultado por Valminor.info, o rexedor sinalou que Martínez Torea concorre de momento ao concello e cumpre co seu horario. Guitián tamén neste punto informou que unha vez posta a funcionar a concellería tomarase unha decisión sobre qué facer con estes servizos xurídicos externos ata o final do contrato.

PXOM e A Pasaxe serán os temas prioritarios de urbanismo.

Tampouco de momento hai un cronograma especifico que indique os pasos que en diante se tomarán para o remate do proceso de elaboración e aprobación do PXOM. O antecesor concelleiro de Urbanismo, Alfonso De Lis deixou o proxecto con tódolos informes sectoriais aprobados e listo para ser posto a disposición do Pleno para a súa aprobación inicial. De momento a actual administración no ten decidido se dará ese paso adiante o realizará un estudo previo da documentación, mesmo se abrirá un período de consulta coas outras forzas políticas. Na mesma situación se atopa o tema do polígono A Pasaxe. Tamén considerado tema prioritario deste mandato, será abordado unha vez constituída a concellería de urbanismo.

A pirámide institucional marcará a política de Persoal

As relacións co persoal é outro tema que Fernando Guitián herda con certa tensión da anterior administración. O novo rexedor deberá solucionar certos atrasos que en materia da cobertura de saúde se mantén cos funcionarios, a devandita situación coas técnicas municipais e máis o confeso clima de "persecución e ameazas" que denunciara días antes das eleccións o sindicato de funcionarios en relación con algúns responsables políticos da administración Urgal. Para mellorar esta situación interna e de cara a súa superación e a non reiteración destes episodios, o alcalde volve a apostar ao traballo en equipo, esta vez co concelleiro e futuro 1º Tenente de Alcalde Eladio Costas. Ademais de confiarlle Tráfico e Seguridade, e asignarlle Parques e Xardíns, Costas deberá por en marcha unha proposta en materia de Persoal, baseada nunha filosofía de traballo de estrito respecto da plantilla de funcionarios, o que se traduce, segundo Guitián, na aplicación e posta en funcionamento da pirámide administrativa que conforma todo ente estatal. Isto non quita, para o rexedor a vontade sempre expresa de dialogar con aquel traballador que o solicite. Mais serán os resortes formais e a xerarquización administrativa a que primará nas relacións laborais cos funcionarios.

Fomento da economía e o emprego no contexto de crise nacional

A o 31 de maio 1500 persoas do concello de Gondomar non ten traballo. A cifra é materia máis que sensible para Fernando Guitián. O rexedor está convencido que o PXOM e A Pasaxe son os obxectivos que con maior seguridade aportarán solucións tanxibles neste tema. Aínda de que son procesos lentos, e que non achegarán solucións inmediatas, a súa administración os asume como o gran horizonte onde apuntar. Pero tamén o turismo está dentro dos posibles fomentos do emprego en Gondomar, aínda que su desenrolo non estea exento de tarefas e desafíos a superar. Nesta punto será a concelleira Paula Bouzós a que deberá acadar os pasos necesarios para organizar e por en marcha unha necesaria posta en valor dos atractivos turísticos que pode ter o municipio. Neste punto, Guitián está convencido que o primeiro obxectivo debe ser aproveitar o importante fluxo turístico que xa ten a bisbarra miñorana, a través de Baiona e Nigrán.

O punto será que ofrecer nun lugar onde "non hai praias". A actual administración apostará pola posta en valor da propia vila de Gondomar, á que Guitián describe como unha das "máis fermosas", especialmente o seu casco urbano. Tamén advirte a necesidade de realzar o patrimonio arqueolóxico de castros, petróglifos e mámoas ao que deberase por en condicións para que sexan coñecido polos visitantes, e ao mesmo tempo poda atraer a iniciativa privada en materia de servizos turísticos. Tamén paraxes naturais como os que se atopan nas distintas parroquias, os ruteiros, e outros cascos históricos como o de Morgadáns, están na mira dunha política municipal que busca liderar o rexedor na procura da reactivación económica do municipio.

A case media hora de dialogo co rexedor gondomareño non foron suficientes para escrutar polo miúdo cada aspecto das múltiples facetas do goberno que está a desenvolver a nova administración. Gondomar require a dedicación absoluta deste enxeñeiro de 46 anos, sen máis experiencia na política que o que lle reportou a campaña electoral. Sen embargo as súas condicións de liderazgo amosan en cada unha das respostas e nos perfís con que claramente quere impulsar cada sector da vida municipal. O teléfono non deixa de soar e a secretaria xa ten o despacho enchido de persoas á espera da súa quenda co alcalde...

O equipo de goberno da administración Guitián.

Fernando Gutián (PP): Ademais da alcaldía traballará en conxunto co concelleiro Eladio Costas en materia de Persoal, e asesorará en materia urbanística coa avogada Patricia Durán á Concellería de Urbanismo. A súa dedicación será exclusiva.

Eladio Costas (PP): 1º Tenente de Alcalde e asumirá a Concellería de Tráfico e Seguridade, ademais de Parques e Xardíns; Persoal xunto co alcalde.

Patricia Durán (PP) Concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade. Terá ademais baixo a súa responsabilidade a Biblioteca Municipal e a devandita asesoría xurídica en materia urbanística.

Jesús Salgueiro (PP): Concelleiro de Vías e Obras. Saneamento.

Paula Bouzós (PP): Concelleira de Industria e Comercio, ademais de Turismo, Educación, Sanidade e responsable do Conservatorio Municipal.

Carlos Lameiro (PP): Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda.

Juan Carlos González Camesella (PP) Concelleiro de Medio Ambiente e Servizos. Tamén asume Mercados e Praza de Abastos.

Natalia Salgueiro (CDL): Concelleira de Economía e Facenda. Tamén de Promoción de Emprego e Formación. Dedicación exclusiva.

Ignacio Troncoso (CDL) Concelleiro de Cultura, Festexos, Deporte e Xuventude.

Este equipo deberá ser confirmado nun Pleno a celebrarse antes do 18 de xullo.