Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Fernando Guitián asumiu esta mañá o cargo como novo alcalde de Gondomar.

Fernando Guitián asumiu esta mañá o cargo como novo alcalde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Convivencia pacífica, traballo e progreso son as tres bases sobre as que o popular Fernando Guitián Guitián prometeu estruturar o seu mandato. Así o expresou esta mañá na súa investidura como novo alcalde de Gondomar, instancia que foi seguida por unha multitude que encheu as instalación do Auditorio Municipal Lois Tobío. Os dous votos acordado cos concelleiros do CDL Gondomar foron dabondo para que o novo rexedor acadase a maioría absoluta de 9 votos en 17 posibles, na súa elección. O discurso de Guitián aínda que breve foi insistente na necesidade de abrir unha nova etapa no municipio onde prevaleza o respecto e o diálogo entre as forzas políticas na pescuda de consensos que beneficien aos veciños de Gondomar.

Fernando Guitián de 46 años, nado en Vigo pero afincado coa súa familia na vila de Gondomar dende hai anos, salientou que asume o cargo de alcalde “gran respecto e responsabilidade”. O novo rexedor pechou o seu discurso afirmando “Necesito poder contar con todos” e ao mesmo tempo tendeu a súa man “a todos os grupos políticos”, para gobernar nun clima de diálogo e na pescuda de consensos.

Guitián foi elixido na primeira rolda de votacións. O acordo alcanzado co CDL integrado polos ex concelleiros populares Natalia Salgueiro e Ignacio Troncoso deulle de pique a maioría absoluta aos populares . A diferenza do sucedido no Concello de Nigrán onde as forzas minoritarias se abstiveron ante a investidura maioritaria do popular Alberto Valverde, en Gondomar cada grupo da oposición votou a seu cabeza de lista. Así Antón Araúxo do BNG recibiu os 5 votos do seu grupo municipal, Manuel Gómez votouse a se mesmo pola independente IXG, e os 2 votos socialistas foron para Francisco Ferreira, número 1 da lista do PSOE.

Dim lights Embed Embed this video on your site