Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar aínda non coñece o reparto de responsabilidades nas concellerías do goberno municipal.

Gondomar aínda non coñece o reparto de responsabilidades nas concellerías do goberno municipal.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

Gondomar aínda non coñece a estrutura do seu futuro goberno municipal. Salvo o alcalde Fernendo Guitián xa investido o sábado pasado, a nova corporación non ten dado a coñecer públicamento os responsables e o número das futuras concellerías. Por outra banda, o rexedor Guitián mantivo hoxe a súa primeira xuntanza cos funcionarios do concello. A mesma desenvolveuse a primeiras horas da tarde na Casa da Cultura do municipio.

Ademáis de Guitián, o seis concelleiros populares que poden ocupar responsabilidades nas concellerías son, segundo o seu orde na candidatura: Eladio Costas Pereira, Patricia Durán Pérez, Jesús Salgueiro Pérez, Paula Bouzós Barros (ex concelleira de Educación de Martín Urgal), Carlos Lameiro Pérez e Juan Carlos González Camesella. Tamén serán seguramente incluídos os concelleiros do CDL Natalia Salgueiro e Ignacio Troncoso, por mor do acordo electoral que permitiu investir por maioría absoluta ao rexedor Fernando Guitián.