Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Contratempo na praza de abastos municipal de Gondomar.

Contratempo na praza de abastos municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A praza de abastos municipal de Gondomar veu demorada dúas horas a súa apertura este sábado. Ás 10:00 horas da mañá os praceiros recibiron o servizo de auga que habilita o normal funcionamento dos seus postos. O feito foi denunciado polo concelleiro Xosé Antón Araúxo (BNG), quen informou que "ás 10,30hs cando a cousa se "normalizou" o negocio xa esteba perdido e a maioría dos clientes que alí se chegaron xa foran de volta."

Segundo comunicou o concelleiro Juan Carlos González, responsable da área, unha confusión administrativa levou a non decatarse que o funcionario encargado da apertura diaria do mercado libraba nesa xornada. Finalmente o funcionario municipal que tiña a xornada libre achegouse á praza a fin de solucionar o abastecemento da auga. González adiantou que concorrerá o próximo luns a desculparse persoalmente cos comerciantes polo percance.