Xoves, 22 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Gondomar Baixo o lema “quen contamina paga”, o goberno de Gondomar prepara unha nova ordenanza para a taxa de sumidoiros.

Baixo o lema “quen contamina paga”, o goberno de Gondomar prepara unha nova ordenanza para a taxa de sumidoiros.

Correo-e Imprimir PDF
saneamento-gondomar

-O Concello de Gondomar recibe un inventario da súa rede de saneamento elaborado pola empresa Espina e Delfín, co obxectivo de coñecer o "estado das instalacións", tanto dos colectores coma das vivendas, "conectadas e non conectadas" do municipio
-Con estes datos como base, o grupo municipal anuncia que redactará unha ordenanza co fin de regular as conexións á rede e o pagamento da taxa de rede de sumidoiros
En medio da polémica desatada no municipio polas intervencións nas redes de saneamento, a alcaldía de Gondomar prepara unha nova ordenanza que regulará as conexións a rede así como o pagamento da taxa. Para iso, encargou un informe á empresa concesionaria Espina e Delfín, na que consta un inventario das "vivendas conectadas e non conectadas" á rede do concello.

Segundo o Concello de Gondomar, o obxectivo principal do inventario, realizado pola empresa Espiña e Delfín, foi recompilar información para coñecer o estado da rede de saneamento do municipio, tanto dos colectores, coma das vivendas. Tendo en conta os resultados do inventario, o goberno municipal informa que redactará unha ordenanza que "normalice as conexións á rede de saneamento, ademais de regular o pagamento da rede de redes de sumidoiros e da depuración das augas, cuxa competencia é municipal".
Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, afirma que "os datos achegados por este estudo son moi interesantes e nos axudarán a xestionar as necesidades dun xeito máis eficaz. Ademais permitirá unificar a responsabilidade que todos temos para manter o bo estado da nosa rede de saneamento".
Con estas medidas, o Concello de Gondomar anuncia que "pretende atender á responsabilidade ambiental" reflectida no principio comunitario de "quen contamina, paga", establecendo "un marco común para todos co fin de previr e reparar os danos causados no medio".