Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar non suspende o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións ao novo padrón .

Gondomar non suspende o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións ao novo padrón .

Correo-e Imprimir PDF
saneamento-gondomar

O goberno municipal de Gondomar negouse a suspender o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións presentada por contribuíntes que alegan non ter conexión á rede municipal ou recibir por duplicado a tarifa trala actualización do padrón realizada pola concesionaria Espina y Delfín

O goberno en minoría de Gondomar aproveitou o empate circunstancial de votos coa oposición no pleno do xoves para evitar a devandita suspensión así como un estudo dun posible "incumprimento do contrato da empresa que elaborou o padrón", como pretendía o edil nacionalista non adscrito, Pauliño del Río, tras comprobarse a multitude de fallos no listado confeccionado.
Baixo o lema "quen contamina paga", o goberno de Gondomar anunciaba en maio de 2013 a entrega dun informe da empresa Espina y Delfín que actualizaría o padrón municipal que rexe a taxa de sumidoiros. Cun custe de 21.441,20€ pagado das arcas municipais á concesionaria, o devandito informe debería facer xustiza no senso que todos os que recibiran o servizo pagaran por el, o que non acontecía ata de agora segundo a alcaldía.
Sen embargo, tras os centos de alegacións presentadas nas últimas semanas, o oposición reclamou ao goberno que fiscalizara o traballo feito pola concesionaria e suspendera o cobro da taxa en tanto non se resolveran os reclamos da veciñanza.
Tras asegurar o alcalde que se está a fiscalizar o devandito informe e que as alegación deberían estar resoltas a semana entrante, o seu equipo de goberno (PP-CDL), votou en contra do acordo presentado por del Río.