Xoves, 22 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Gondomar Posta en marcha do bombeo de augas residuais na parroquia de Peitieiros.

Posta en marcha do bombeo de augas residuais na parroquia de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar informa que puxo en marcha o bombeo de augas residuais existente no barrio de Gándara na parroquia de Peitieiros.

 

Segundo o informado polo concelleiro Juan Carlos González Camesella, responsable da área, a rehabilitación supuxo un reforzo de toda a liña eléctrica, desde o transformador situado no cemiterio ata o bombeo, cun custo duns 6000 euros, achegados polo Concello, logo de requirirlle á empresa construtora a devolución das cantidades cobradas por estes conceptos.

O Concello informa aos veciños, que xa poden realizar os traballos de conexión á rede de saneamento e recorda aos usuarios deste bombeo que, para un bo funcionamento do mesmo, abstéñanse de arroxar á rede materiais sólidos que poidan atascar as bombas.