-O importe desta actuación foi de 40.000 €, 32.000 € concedidos pola Xunta e 8.000 € aportados polo Concello
As obras, que se levaron a cabo na estación de bombeo de augas residuais localizada en A torre-Chaín, consistiron, na substitución das bombas de maior caudal co xeito de facelas máis eficientes, sinalan dende a alcaldía.. Ademais tamén se aproveitou para realizar o cambio do cadro de mando das mesmas, así como o cestón de recollida de sólidos e as guías de colocación das bombas.
Segundo información do goberno local, a obra tivo un custe de 40.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegou o 80% mentres que o Concello aportou o 20 % restante.
A alcaldía adiantou nun comunicado que en breve tamén se cambiarán as bombas no barrio do Castro en Borreiros.