Domingo, 27 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar O PSOE de Gondomar denuncia carencias no saneamento e alumado público na parroquia de Vilaza

O PSOE de Gondomar denuncia carencias no saneamento e alumado público na parroquia de Vilaza

Correo-e Imprimir PDF
paco-ferreira

O Secretario Xeral dos socialistas, Francisco Ferreira, solicitou logo dunha xuntanza cos veciños da parroquia de Vilaza, a reparación inmediata do alumado público, o saneamento dos barrios que carecen dese servizo, e medidas para a regulación do aparcadoiro fronte do xereátrico Vila do Conde.

A solicitude feita ante o goberno tripartito, partiu dunha reunión celebrada no Centro Cultural de Vilaza. Nesa ocasión, os veciños manifestaron que tódolos días saltan os limitadores dos cadros eléctricos por deficiencias na rede, "que non chegan funcionarios nin sequera se molestan en darlles aos machetes do cadro eléctrico cara a arriba".

Nun comunicado de prensa, Ferreira informa que "teñen que facelo a diario e persoalmente os veciños que xa son coñecedores do problema e telefónanse entre eles para o que lle coincida pasar cumpra co demais e realice o traballo."

Os socialistas reclaman tamén obras de saneamento para os barrios de Areíña, Vendas, Vilarés, Fontenla o resto de Tercias e outros que carecen do servizo. Tamén esixen ao concello que as obras se realicen dunha maneira ordenada e non "aleatoria e discriminada como se está levando a cabo".

A misiva inclúe o reclamo para prohibir aparcar vehículos á marxen dereita (dirección Gondomar - Vilaza), diante do xeriátrico Vila do Conde para favorecer o dobre sentido da circulación, evitando atascos e os perigos para o tráfico rodado e peonil.