Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

Expertos sinalan as terapias xenéticas como a estratexia máis eficaz no tratamento de enfermidades raras.

Correo-e Imprimir PDF

A alteración de tan só un dos miles de xenes que compoñen o xenoma humano pode provocar trastornos graves na saúde das persoas. O cancro é a enfermidade máis coñecida de todas as causadas por unha mutación xenética, pero existen moitas outras, algunhas delas aínda pouco coñecidas polo feito de que afectan a un número moi reducido de persoas. Son as denominadas enfermidades raras, patoloxías polo xeral hereditarias para as que os estudos xenéticos e as terapias xénicas se revelaron en moitos casos como as estratexias máis eficaces no seu diagnóstico e tratamento.
Así o explicaron hoxe os expertos participantes no seminario científico organizado polo Instituto de Investigación Biomédica (IBI) no marco do proxecto Biocaps. Os cinco relatores que hoxe desagregaron no Colexio Médico de Vigo importantes avances no tratamento das enfermidades raras máis comúns ofreceron perspectivas complementarias sobre os aspectos epidemiolóxicos, xenéticos, clínicos e terapéuticos que as rodean.

A Xunta dá marcha atrás e manterá as características da proba do talón.

Correo-e Imprimir PDF

A Xunta de Galicia deu marcha atrás e manterá as características da proba do talón. Galicia aplicará unha análise de 29 patoloxías no diagnóstico a recén nacidos, anunciou o Sergas, despois da polémica aberta cando asociacións de pacientes e pediatras denunciaron a súa intención de reducilas a unha ducia.

Alumnos do CUVI aprenderán a “relaxarse” cunha mestura de arte e terapia.

Correo-e Imprimir PDF

rocio iglesias cuviArte e terapia, esta é a mestura que se propón nun novo obradoiro consistente nunha actividade de mediación artística bautizada co suxestivo título "Pintando co corazón", segundo dá a coñecer o Diario da Universidade de Vigo (DUVI). "Pretendemos que as nosas alumnas e alumnos se expresen en linguaxes distintas ás que coñecen permitindo que amplíen as súas capacidades de coñecemento e expresión", subliña Rocío Iglesias, responsable do Gabinete Psicopedagóxico, que será a encargada de impartir o curso.

A coliflor, unha verdura fonte de alimento e saúde

Correo-e Imprimir PDF

cauliflower-59097 1280A coliflor é unha desas hortalizas de inverno que alcanzan co frío o mellor dos seus sabores. Amais das súas propiedades gastronómicas e a versatilidade que ten para enriquecer moitísimas receitas, ten propiedades salutíferas que debemos aproveitar.

Segundo explica Dani Armengol de Antela Saúde, comer coliflor é san e está indicado para todas as persoas, especialmente fervida ou cocida ao vapor, xa que apenas contén graxa e carbohidratos e en cambio ten gran poder saciante e unha boa combinación de vitaminas A, B, C e E. Unha ración de 250 gramos de coliflor ao vapor, por exemplo, contén 62,5 kilocalorías. Para facérmonos unha idea, 100 gramos de arroz cocido conteñen 360 kilocalorías.

Povisa conclúe en Panxón a extensión do seu servizo de hospitalización a domicilio no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

O Hospital Povisa finaliza a extensión do seu servizo de hospitalización a domicilio -HADO- no Val Miñor coa súa implantación, a partir do próximo luns, no centro de saúde de Panxón. Este servizo comezou a ofrecerse en Nigrán o pasado mes de decembro, ampliándose progresivamente aos centros de saúde de Baiona e Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL