Baixo o lema “O INSS mátanos de fame” este xoves ás 9:30 horas está convocada unha concentración de apoio a doente de cancro Beatriz Figueroa, fronte ao Xulgado do Social de Vigo (antigo edificio). Nese intre, Beatriz deberá asistir á vista pola demanda que ela presentara hai una ano co xeito que lle permitan unha cobertura digna por incapacidade para levar adiante o tratamento.
Saúde
Beatriz Figueroa non cesa a súa loita polos dereitos das persoas doentes de cancro
"La vida no sigue igual" o leitmotiv da campaña que Beatriz Figueroa combate contra os "titáns" da administración da seguridade social e do estado logo de denunciar a situación na que se ven envoltos os enfermos de cancro en España.
A súa protesta foi refrendada por máis de medio millón de sinaturas e o apoio de todos grupos políticos salvo o PP, onde solicitaba a mellora na protección laboral das persoas con doenzas oncolóxicas a través dunha proposición de lei perante o Congreso dos Deputados.
A bolboreta que dá cobertura ás persoas con trastorno mental do Val Miñor necesita máis apoios.
A Asociación Avelaíña conmemorará o Día Mundial da Saúde Mental inaugurando novas instalacións en Baiona. Na bisbarra e contorna ofrece servizos de apoio a máis de 400 persoas con algún tipo de trastorno mental. Delas, 25 participarán deste centro de rehabilitación que pechou en Gondomar e este venres reabre na Vila Real. Máis este servizo vital para as familias do Val Miñor non é o coñecido nin “recoñecido” suficientemente. Ter máis próxima a realidade pola que atravesa Avelaíña foi obxecto desta entrevista co seu equipo de fornecedores.
Sanitarios do centro de referencia do ébola en Galicia advirten que non están preparados
Cada vez son máis as voces críticas coa xestión do Goberno no caso do évola. Ademais do evidente erro que permitiu o contaxio da enfermeira de Becerreá en Madrid, agora son os profesionais sanitarios os que alertan que non están preparados para facer fronte a pandemia. De feito, no hospital Carlos III de Madrid vivíronse onte algunhas escenas de pánicos, con operarios chorando e algúns abandonando o seu posto de traballo.
En Galicia, son os especialistas encargados de xestionar a crise os que advirten que non teñen medios dabondo. A xunta de persoal do complexo universitario de Vigo, ao que pertence o hospital Meixoeiro, centro de referencia en Galicia fronte ao évola, fala de carencias tanto de materiais como de formación.
O PP rexeita modificar a lei da Seguridade Social para dar máis coberturas aos doentes de cancro.
A maioría parlamentaria do PP no Congreso impide que prospere a proposición de lei presentada polo BNG para mellorar a cobertura laboral e de seguridade social aos enfermos de cancro. Iniciativa que recolle o reclamo que lidera a viguesa Beatriz Figueroa, doente desta enfermidade que foi quen de acadar máis de medio millón de sinaturas de apoio á proposta.
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu onte martes á tribuna da Cámara a defender a proposición de lei do BNG, que dá resposta a unha demanda social, para que se mellore a cobertura laboral e de Seguridade Social ás persoas enfermas de cancro.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL