A loita de Beatriz Figueroa non rematou. Nin contra o cancro nin contra o sistema da Seguridade Social que condena aos traballadores con esta doenza a enfrontala cun fixo mensual de 426 euros. Unha "tarifa plana" coa que ten que pagar o 40% dos medicamentos, e vivir, porque tamén ten dereito. O pasado 23 de abril a deputada Olaia Fernández poñía enriba da mesa da Comisión de Emprego e Seguridade Social unha proposición non de lei que redactara o tamén galego e catedrático da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza. Case 400 mil sinaturas de cidadáns acompañaron a Beatriz ese día a Madrid. Mais a comisión rexeitou a proposta. Agora Beatriz e milleiros de persoas que dende toda España fixeron súa a causa queren acadar as 500 mil sinaturas na plataforma Change.org, para cando nas próximas semanas esta iniciativa de protección socio-laboral aos afectados entre a debate no pleno do Congreso dos Deputados.
Saúde
Quen está detrás da privatización do hospital vigués?
Un entramado de empresas, de coñecidos empresarios vinculados ao PP e de multinacioniais está detrás da privatización dos principais servizos do futuro novo Hospital de Vigo (NHV). Así o cre a Asociación Galega para a Defensa da Sanidad Pública. E é que o goberno popular tería decidido construír este centro hospitalario con financiamento privado (PFI) a cambio de ceder a xestión de todos os servizos non sanitarios e espazos non asistenciais a unha UTE liderada por Acciona e Bankia.
O PP rexeita no Congreso dar maior protección aos enfermos graves con menos de 400€ de ingreso.
O PP impediu este mediodía que a Comisión de Emprego e Seguridade Social aprobase a proposición da portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, destinada a mellorar a protección a persoas que padecen cancro e outras doenzas graves, con ingresos menores a 400€. Trala presentación de emendas por parte do PP, PSOE e Esquerda Plural, a deputada nacionalista tratou de negociar un texto de consenso, que finalmente non foi aceptado polo grupo popular, o que concluíu con 23 votos en contra fronte aos 18 a favor.
A iniciativa que os nacionalistas levaron ao Congreso dos deputados é autoría de Beatriz Figueroa, avogada e xornalista viguesa que en medio dunha longa batalla contra o cancro que padece dende hai 3 anos, logrou acadar 400 mil sinaturas en apoio a un cambio na Lei da Seguridade Social que redactara xunto co catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza.
Continúa a loita da galega Beatriz Figueroa na defensa dos dereitos dos doentes de cancro.
"Nin sequera deberiamos suscitarnos este cambio lexislativo, porque a propia Lei Xeral da Seguridade Social xa establece para todos os enfermos que si se está incapacitado para traballar tense que recoñecer esa condición e, derivado diso, recoñecer uns dereitos económicos como é a pensión de incapacidade permanente ben absoluta ou total, revisable durante o período de curación que se sabe pode ser a longo e medio prazo” declaraba, a veciña de Vigo, Beatriz Figueroa, que o martes entregou 378.000 firmas recolleitas coa súa petición no Congreso dos Deputados.
A proposta, que pide sexa aprobada, foi tramitada como proposición non de Lei e proposición de Lei pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, para unha protección laboral especial para os enfermos de cancro.
O PPdeG propón no seu programa das europeas que contaminar zonas como a Foz do Miñor non supoñan unha sanción para a administración.
Contaminar a Foz do Miñor sairá gratis, ou cando menos non será algo que deba preocupar de cara a poder recibir sancións económicas pola falta de depuración das propias administracións locais. Así se desprende da proposta lanzada o pasado sábado polo presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentando a parte galega do programa do seu partido para as eleccións europeas do 25 de maio.
O pasado decembro a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo votaba definitivamente o informe resultante da visita dunha delegación da Eurocámara ás rías do Burgo, Ferrol e Vigo.
A Foz do Miñor é unha das dúas únicas zonas de toda España, pechadas ao marisqueo polos seus altísimos niveis de contaminación por augas fecais. Nos últimos 10 anos a contaminación aumentou nun 800% e o problema segue sen solucionarse.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL