Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

Especialistas informarán este mércores sobre a libre elección de centros hospitalarios en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor convoca para este mércores 19 de novembro ás 20:00h no Auditorio Auditorio do Concello de Nigrán, unha charla-coloquio na que se informará sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Na charla-coloquio intervirán, ademais do Portavoz da Plataforma, Vicente Lobato, Jesús Araújo, médico otorrinolaringólogo no CHUVI, e Concepción Nogueiras Santas, médico de atención primaria.

VM. info emitirá en directo por internet a charla - coloquio sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Podes seguir a emisión aquí

Beatriz Figueroa gaña a batalla e a xustiza concédelle a incapacidade permanente

Correo-e Imprimir PDF

beatriz xulgadoO xulgado do social número 3 de Vigo vén de conceder a incapacidade total permanente a Beatriz Figueroa, a viguesa enferma de cancro que leva meses loitando por que se recoñeza unha maior protección para os doentes desta enfermidade que estean en tratamento. Logo de recollida de centos de miles de sinaturas e dunha loita continua por ela pero por milleiros de afectados, a avogada gañou unha batalla.

Especialistas informarán este mércores sobre a libre elección de centros hospitalarios en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor convoca para este mércores 12 de novembro ás 20:00h no Auditorio Ángel Bedriñana de Baiona (Praza de Abastos), unha charla-coloquio na que se informará sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Na charla-coloquio intervirán, ademais do Portavoz da Plataforma, Vicente Lobato, Jesús Araújo, médico otorrinolaringólogo no CHUVI, e Lorenzo Pousa, médico de atención primaria no Centro de Saúde de Baiona, ambos membros de SOS Sanidade Pública.

O prezo da contaminación en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

ENCE en PontevedraGalicia ostenta outro triste récord, ser unha das autonomías do Estado máis contaminante. Unha situación que se produce, ademais, cando o país é un dos máis verdes da península.

Sen embargo, o estudo do biólogo Ramón Varela, ex presidente de Adega, sobre os datos do PRTR-2012, publicados agora e que publica Google News a través da Axencia EFE, destaca que Galicia duplica a media do Estado, tanto no global de contaminantes como en CO2, "superando amplamente a zonas industriais tan importantes como Cataluña ou o País Vasco".

Presentan aos alcaldes do Val Miñor o servizo de hospitalización domiciliaria de POVISA.

Correo-e Imprimir PDF

povisaDirectivos da Xestión integrada de Vigo e de Povisa presentaron hoxe aos alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar o servizo de hospitalización domiciliaria que a clínica privada concertada ofrecerá aos pacientes da comarca do Val Miñor a partir do próximo 15 de decembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL