Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

Os pacientes do Val Miñor teñen tres meses para decidir se queren marchar de POVISA

Correo-e Imprimir PDF

Visita da conselleira sanidade ás obras do novo hospital de VigoSe a lista de espera para a consulta dun especialista ou para entrar no quirófano en POVISA desespérate, agora tes opción de solicitar ser atendido e asignado a outro hospital público de Vigo.

A xerente do SERGAS, Nieves Domínguez, explicou nun comunicado de prensa co gallo da firma do novo convenio con POVISA, que os pacientes do Val Miñor e Morrazo, que até o de agora eran adscritos forzosamente ao hospital privado, poderán solicitar ser atendidos nos outros hospitais públicos de Vigo, que actualmente teñen unhas listas de espera un 200% inferior ao centro privado.

POVISA, o lastre sanitario galego que sofren os pacientes do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Profesionais ciruxia vascular | Imaxe SERGASOs veciños do Val Miñor agardan un 300% máis que o resto dos galegos, para entrar en quirófano según os datos do SERGAS.

A media de espera de POVISA é de 207 días, fronte aos 95 días de outros hospitais de Vigo e os 66 días de media de Galicia.

POVISA despide a 12 traballadores pese a ter 11 milóns de beneficio e renovar o convenio co SERGAS

Correo-e Imprimir PDF

Centro POVISAA uns días de que sexan públicos os novos datos da situación das quendas en Galicia, o centro concertado POVISA, principal lastre da sanidade galega e hospital de referencia para os enfermos do Val Miñor, despedirá a doce traballadores pese a ter un beneficio de 11 millóns de euros e asinar recentemente un novo convenio co SERGAS por un tope de 75 millóns de euros anuais para os próximos dez anos.

En contra das recomendacións internacionais, España mantén a exclusión sanitaria de persoas inmigrantes.

Correo-e Imprimir PDF

imagenes Palma de Mallorca Thiago 23 years Brasil Foto Alessandro Grassani 855d69a5Amnistía Internacional, Centro por los Derechos Económicos y Sociales, Médicos del Mundo e Red Acoge denuncian que o Estado español incumpriu as recomendacións de diversos mecanismos de Nacións Unidas e do Consello de Europa, que pedían a reforma do Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións (RDL). Lembran nun comunicado conxunto,  que o Estado español ten obrigacións legais en materia do dereito á saúde, tamén con respecto ás persoas migrantes en situación administrativa irregular.

Ante o caso Baleares, esixen investigar amaños na concesión do Novo Hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

novos-hospital-vigoA suposta existencia dun amaño no concurso para a construción do hospital Sons Espases (Baleares) pon en alerta na Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. Sinalan que diante da confesión de dous empresarios á fiscalía do presunta existencia de irregularidades no concurso para a construción, explotación e mantemento dese hospital mediante a fórmula de financiamento Público Privada (PFI) similar á utilizada para construír o Novo Hospital de Vigo, corresponde esixir "o rescate inmediato da Concesión do Novo Hospital de Vigo", así como a "apertura inmediata dunha investigación sobre as irregularidades denunciadas desde o inicio da concesión e que xustificarían, ao noso entender, o rescate da mesma".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL