Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

A delegada da Xunta Lucía Molares visitará as instalacións do colexio Chano Piñeiro en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A delegada da Xunta Lucía Molares visitará Gondomar.

A delegada da Xunta de Galicia, Lucía Molares, visitará Gondomar o mércores 20 de xullo ás 10:30 horas en compañía do xefe territorial de educación, César Pérez Ares, para comprobar co alcalde, Fernando Guitián, e a concelleira de educación, Paula Bouzós, o estado de execución das obras de substitución da cuberta do colexio Chano Piñeiro.

O bipartito de Gondomar aproba a proposta de organización levada a pleno coa crítica da oposición.

Correo-e Imprimir PDF

concello_escudo_vidrioO alcalde Fernando Guitián apoiado pola alianza bipartita no goberno (PP-CDL) sacou adiante a súa proposta en materia organizativa de cara a seu mandato. Ademais do soldo do alcalde, o equipo de goberno contará cunha dedicación exclusiva, catro medias dedicacións e a contratación dunha secretaria persoal do alcalde o que requirirá duns 260.000€ ao ano ás arcas municipais en materia de retribucións de cargos políticos. Os tres grupos da oposición (BNG, PSOE e IXG), cuestionaron a proposta do bipartito por entenderlla "desmedida" para un municipio das características de Gondomar, "inapropiada" de cara a crise nacional e contraria ao principio de austeridade no gasto anunciado polo alcalde o día da súa investidura. Para Guitián, "as persoas que fan un traballo deben cobralo" e asegurou que as dedicacións permitirán practicar con "eficiencia" e "efectividade" a austeridade nas contas municipais.

O PP Gondomar omitiu constituírse formalmente como agrupación municipal no pleno da corporación.

Correo-e Imprimir PDF

O Partido Popular non se constituíu formalmente como agrupación municipal no Concello de Gondomar. A omisión detectada polo BNG, deixa segundo o manifestado polo seu portavoz Pauliño Del Río, unha primeira pega de non cumprimento das formas e as obrigas legais por parte do partido de goberno. Os nacionalistas entenderon que a falta non é menor e solicitaron "deixar sobre a mesa" a decisión da integración dos órganos colexiados, os que se constitúen en base á representación dos grupos municipais constituídos na corporación. O punto era parte substancial da orde do día do pleno organizativo da corporación que se estaba a celebrar. A moción foi acompañada polos dous concelleiros do PSOE, pero finalmente foi desestimada pola maioría absoluta do bipartito gobernante (PP-CDL). Pola súa banda, o Alcalde Fernando Guitián admitiu o erro, pero valorou que coa "intención de formar agrupación" chegaba, e que a omisión formal non invalida a existencia dun grupo nos feitos do PP. Ao mesmo tempo sinalou que tampouco constituía unha ilegalidade que impedira continuar coa orde do día.

Gondomar terá a Eladio Costas na 1ª Tenencia de Alcaldía e unha Xunta de Goberno bipartita.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarA xunta de goberno do Concello de Gondomar estará finalmente integrada por catro concelleiros do PP e dous do CDL.

O concelleiro Eladio Costas (número dous na candidatura do Partido Popular) terá a 1ª Tenencia de Alcaldía e Natalia Salgueiro (CDL) a 2ª Tenencia.

Ademais das dedicacións exclusivas do alcalde e a xa pactada para Salgueiro, o equipo de goberno contará con catro medias dedicacións.

O Pleno organizativo de Gondomar será o vindeiro mércores13 ás 13 horas na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF
A Casa da Cultura de Gondomar volve a acoller aos plenos municipais.

O vindeiro mércores 13 de xullo a corporación municipal de Gondomar votará as propostas da alcaldía referentes á estrutura e integración dos diferentes órganos de goberno. Na xuntanza que terá carácter de pleno extraordinario organizativo, o alcalde Fernando Guitián, tamén porá a votación as propostas da alcaldía en materia de retribucións polas dedicacións exclusiva e parciais dos concelleiros de goberno, nas que leva traballando dende a súa investidura co seu equipo e mais a Intervención municipal. Unha das sorpresas que levouse a oposición foi a citación do pleno ás 13 horas, xa que se entendía que se buscaría un horario pola tardiña que permitise unha maior afluencia de veciños ao mesmo. Outra novidade en materia de plenos é que se abandona o Auditorio Lois Tobío e as xuntanzas retornan ao Salón de Actos do 2º andar da Casa da Cultura.

IXG insta ao goberno a fixar de forma urxente un pleno para a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Iniciativa Por Gondomar reclama a aprobación inicial do PXOM.

O grupo Iniciativa por Gondomar (IXG) está á espera de que o goberno do popular Fernando Guitián cite ao pleno para a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). O grupo representado na actual corporación polo concelleiro Manuel Gómez (ex concelleiro de Vía e Obras 2009 - 2011), lembra aos actuais responsables do goberno municipal que " o mesmo, atópase con todos os informes preceptivos e o documento adaptado ás directrices da Secretaría Xeral do Territorio e Ordenación, tras a reunión mantida no seu día cos técnicos da Xunta." A xestión desta documentación estivo en mans do anterior concelleiro de Urbanismo , Alfonso De Lis (IXG), durante o mandato do ex alcalde de Gondomar Martín Urgal (PP), e quedou a piques da súa primeira aprobación antes do cambio de goberno.

Gondomar ten 1.486 veciños rexistrados como desempregados. Baixa leve do paro na construción.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarO número de persoas en paro no Concello de Gondomar ascende ás 1.486, aproximadamente o 15% da súa poboación activa. Os datos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, indican que hai 12 persoas menos demandantes de emprego respecto ao pasado mes de maio (1.498 persoas). Porcentualmente o descenso do paro con respecto a maio equivale  ao 0,80%, moi por debaixo da taxa total de Galicia, situada nun descenso da orde do 2,69%, e aínda da taxa media española dun 1,62% para o mesmo período. Dos 1.486 gondomareños rexistrados no paro 751 son mulleres e 735 son homes.

Constituída a xunta veciñal que gobernará a Entidade Local Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno da Entidade Local Menor de MorgadánsConstituído o pleno da Entidade Local Menor de Morgadáns, na que reiterará como presidente nun novo mandato ao popular Urbano Esmerode Domínguez. Na ceremonia de investidura celebrada este venres 1 de xullo ás 10 da mañá, tamén asumiron os vogais María del Mar Cea Iglesias (PP), Manuel Misa Hermida (PP), Jesús Cabreira (PSOE) e Xaime Luxilde (BNG).

O PSOE formaliza unha moción para que os Plenos de Gondomar se celebren ás 20 horas.

Correo-e Imprimir PDF
Os Plenos Municipais do mandato de Martín Urgal celebráronse ás 9 horas.

O grupo municipal do PSOE Gondomar formalizou unha moción para cambiar a celebración dos Plenos da Corporación Municipal que actualmente se celebran ás 9 da mañá para as tardes. Os socialistas pretenden que o horario sexa ás 20 horas "para así favorecer a participación e asistencia dos veciños na política municipal deste concello", afirman na parte resolutiva do escrito. A iniciativa foi presentada no correr da mañá deste martes 28 de xuño no Rexistro do Concello de Gondomar polo concelleiro Francisco "Paco" Ferreira.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL