O candidato á alcaldía de Gondomar Juan Francisco "Paco" Ferreira, reclama un debate público onde poder contrapor programas electorais e proxectos políticos, así como analizar a problemática actual e futura "diante dos veciños de Gondomar".
Gondomar
Francisco Paco Ferreira invita aos seus opoñentes á alcaldía de Gondomar a debater publicamente.
EU Gondomar comprometeuse a desenvolver as propostas culturais de Espazo Lectura.

Esquerda Unida de Gondomar comprometeuse a apoiar as seis propostas a prol do fomento da lectura, que a asociación Espazo Lectura dirixiu ás candidaturas que se presentan nas vindeiras municipais de Gondomar. A candidatura de Esquerda Unida reuniuse o martes pasado coa directiva da asociación de Espazo Lectura na Casa da Lectura de Donas. Esquerda Unida apoiou todas as propostas e expresou o seu desexo de que poidan saír adiante, "sexa cal sexa o resultado das eleccións". EU cualificou a actividade de Espazo Lectura como "un exemplo do que na nosa organización defendemos como modelo de cultura: a implicación directa da sociedade nas iniciativas mediante asociacións."
O BNG de Gondomar reclama incluír a Gasolineira de Vincios no Plan Sectorial de A Pasaxe.

O BNG de Gondomar reclama que a gasolineira de Vincios con orde de derrubo o pasado mes de abril, sexa incluída No Plan Sectorial do Polígono Industrial da Pasaxe. “Hoxe por hoxe, derrubar a gasolineira de Vincios con levará indemnizacións multimillonarias”, alertou o candidato a alcalde Antón Araúxo. O nacionalista afirma que a devandita instalación “obtivo no seu día a Licenza Municipal con todos os informes favorables da propia Xunta”, proxecto que daquela “se opuxo con forza o BNG”, afirma. De non atopar solución, Araúxo sostivo que “será o primeiro marrón que atope o novo goberno municipal enriba da mesa despois do 22 de maio.”
O Concello de Gondomar anuncia que o PXOM ingresa na súa etapa final previa á aprobación inicial.
O Concello de Gondomar prepara as planimetrías de catro parcelas da parroquia de Borreiros que serán presentadas ante a comisión técnica do Plan de Ordenamento do Litoral (POL), co fin de salvar o derradeiro informe que necesita para pechar a etapa previa a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). A información foi brindada polo concelleiro de Urbanismo Alfonso De Lis, quen adiantou que o próximo martes se reunirá en Santiago cos técnicos do POL. De Lis asegurou que Gondomar xa ten todos os informes sectoriais favorables, e o equipo redactor do PXOM prepara as correccións sinaladas pola Xunta de Galicia co fin de entregarllas tamén susbsanadas no correr desta semana. O edil asegurou que o próximo goberno municipal podería ter o proxecto pronto para aprobación inicial no seu primeiro pleno.
Iniciativa por Gondomar presentou oficialmente a candidatura de Manuel Gómez á alcaldía de Gondomar.
O sábado, día 7 de maio, tivo lugar no restaurante Monteferro, a cea – presentación da candidatura de INICIATIVA POR GONDOMAR (IXG). Diante de máis de 350 persoas, o equipo liderado polo alcaldable Manuel Gómez e o actual 1º Tenente de Alcalde de Gondomar Alfonso de Lis, fixo a súa presentación publica, compartindo mesa e mantel, onde cada persoa pagou o seu prato. No acto se deron a coñecer as liñas básicas do seu programa “que se enmarca dentro da cercania das persoas, o seu compromiso con Gondomar e defendo a súa xestión baseada no slogan A realidade dos feitos.”
Fernando Guitián comprometeuse a impulsar A Pasaxe e aprobar o PXOM para reactivar o emprego.
Apostar ao crecemento do polígono industrial de A Pasaxe e aprobar nun tempo razoable o Plan Xeral de Urbanismo, foron os compromisos asumidos por Fernando Guitián para xerar emprego, durante a presentación da súa candidatura. O candidato popular reivindicou a figura de Ramón “Moncho” Sestelo (ex alcalde de Gondomar 1987-1999), a quen cualificou como a persoa coa que “comparte dúbidas”, o seu “asesor”. Guitián sinalou como necesidades estratéxicas reimpulsar a figura dos Alcaldes de barrios, o impulso á creación da Área Metropolitana de Vigo, e a colaboración estreita entre o Concello e os outros municipios e asociacións do Val Miñor. O lanzamento da candidatura popular contou coa presenza de Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán, os que asistiron á comida-mitin que congregou a máis de 1200 persoas no pavillón municipal, na tarde deste sábado 7 de maio.
Esquerda Unida de Gondomar presenta programa e lista este sábado na Casa da Cultura.
O vindeiro sábado 7 de maio ás 20:30 horas Esquerda Unida de Gondomar presentará a súa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio na Casa da Cultura.No acto darase a coñecer publicamente a lista e o programa político da candidatura que encabeza Josué Villar Ballesteros. A agrupación de esquerdas manifestou que "Gondomar precisa dunha rexeneración total da clase política, renovando as caras e as familias no poder, e presentando un proxecto político innovador e alternativo, no que destaca a redución dos salarios da clase política en Gondomar,e a rexeneración de postos de traballo apostando polo desenrolo local, entre outras medidas que xa tiñan que estar implantadas dende fai tempo". "O transporte, priorizar en un desenrolo ecolóxico e sostible, e dar voz a unha xuventude sen futuro son as prioridades" sinalaron. Acompañan ao alcaldable Josué Villar, Nuria Andión integrante do colectivo violeta e Jorge Carneiro dirixente sindical de CC.OO.
Núñez Feijoo e Rafael Louzán chegan a Gondomar para arroupar a candidatura de Fernando Guitián.
O candidato popular Fernando Guitán recibe o máximo apoio dende Santiago e Pontevedra para a presentación da súa candidatura á alcaldía de Gondomar. Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia e Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra acompañarán ao candidato durante a comida – mitin na que os populares presentarán oficialmente a súa candidatura o próximo sábado 7 de maio ás 14 horas no Pavillón Municipal gondomareño. Ao longo desta semana 1200 invitacións estanse a repartir polas dez parroquias do concello para que militantes e simpatizantes do PP poidan participar deste primeiro acto oficial de campaña de Fernando Guitián. Para o candidato, esta é a mellor maneira de comezar a campaña electoral porque “fomentará en un tiempo de ocio el encuentro entre los vecinos y los miembros de su candidatura”.
Adxudicadas as obras para o arranxo do tellado do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.
Os nenos do Chano Piñeiro terán habilitados os baños do primeiro andar da escola aínda cando chova a partir do próximo curso 2011-2012. Así o comunicaron ao centro de ensino dende a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra, confirmando que as obras de arranxo do tellado avariado están adxudicadas e que comezarán unha vez rematen as clases. A comunicación recibiuse o pasado mércores 4 de maio, dous días despois de que as nais e pais da ANPA Pousa de Fontán, remitiran un escrito esixindo unha solución ao problema.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL