Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Aberto o prazo de inscrición para as axudas escolares en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

chanoO Concello de Gondomar publica a convocatoria de axudas municipais para a compra de material escolar e para o comedor do próximo curso 2011-12. As axudas de material escolar están dirixidas aos alumnos dos centros docentes públicos da segunda etapa de educación infantil, e as de comedor aos alumnos dos centros públicos de educación infantil e educación primaria. O prazo para presentar as solicitudes termina o 3 de setembro (inclusive).

EU Gondomar convoca Foro sobre Medioambiente na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF

Foro-medioambienteCo traballo "A vida da gota de auga no Val Miñor" de Manuel Nande, dará comezo o Foro sobre Medioambiente que organiza o vindeiro venres 24 de agosto a agrupación Esquerda Unida de Gondomar. A obra de Nande trata da historia dunha gota de auga que nace na Serra do Galiñeiro, e va percorrendo o Val Miñor ata a súa morte na Foz da Ramallosa.

O concello de Gondomar pide aos seus veciños un consumo responsable da auga

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarA alcaldía de Gondomar emitiu nesta xornada un bando facendo un chamado aos veciños no que insta ao consumo responsable da auga. O documento recomenda limitar ou evitar, na medida do posible actividades cotiás como a rega de xardíns, o lavado de coches ou baldeo de rúas. O bando non prevé sancións e o seu obxectivo é sensibilizar desta necesidade á poboación, sinalou o alcalde Fernando Guitián. O documento será colocado en distintos puntos do concello xunto cunha papelería explicativa achegada pola empresa Espina e Delfín, encargada dos servizos de auga potable en Gondomar.

A concelleira Natalia Salgueiro salientou a diversidade dos cursos do plan AFD en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Natalia Salgueiro concelleira de Emprego e Formación de Gondomar.

Ten lugar en Gondomar tres cursos AFD dirixidos a desempregados, concedidos pola Concellería de Emprego da Xunta de Galicia. Cun orzamento total de 150 mil euros, dan formación a 45 persoas nas especialidades de Axente Forestal, Administrador de servizos e páxinas web e Auxiliar de Enfermería en Xeriatría. No caso do curso de Enfermería aínda queda unha praza para interesados que deben comprobar formación FP o superior en algún nivel da rama sanitaria. As clases comezaron neste mes de agosto en todas as disciplinas.

Esquerda Unida Gondomar convoca unha xuntanza veciñal para este venres 19 na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF
EU Gondomar convoca xuntanza na Casa da Cultura este venres 19 de agosto ás 20h.

Esquerda Unida de Gondomar convida a unha xuntanza veciñal na Casa da Cultura para este venres 19 de agosto ás 20h. A agrupación coordinada por Delvino Domínguez invita aos gondomareños que teñan inquietudes, propostas ou suxestións, as acheguen nesta reunión a fin de que EU as poda canalizar no Concello mediante queixa ou moción, segundo corresponda. Esta agrupación de esquerdas xa leva presentadas tres peticións por esta vía ao novo alcalde de Gondomar, o popular Fernando Guitián a fin de que sexan incluídas nos debates do próximo pleno municipal. Se ben EU Gondomar non ten representación na actual corporación municipal, utiliza esta modalidade dende a súa creación. Os veciños que desexen participar poderán facelo ao longo do encontro que ten unha duración prevista de dúas horas.

O saneamento de Gondomar pon en perigo a integridade da Ponte de Mañufe e o Acueduto do Bravo.

Correo-e Imprimir PDF

ponte_maufe.As obras licitadas pola Xunta de Galicia prevén máis grampados de tubaxes sobre a Ponte Románica de Mañufe (século XII) e a construción dun pozo de bombeo que afecta o antigo lavadoiro de pedra a carón da mesma.

.O proxecto non toma en conta a existencia do acueduto do Bravo sobre o Río Zamáns, unha peza patrimonial que debería ser derrubada parcialmente para respectar a traza do percorrido do novo colector e os seus correspondentes pozos.

A Deputación de Pontevedra achega 14.000€ en subvencións para entidades deportivas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Campo_futbolA Deputación de Pontevedra concede 14.000 euros en subvencións a diferentes asociacións culturais e deportivas de Gondomar, anunciou esta tarde a administración municipal. O alcalde accidental, Eladio Costas, entregará o vindeiro xoves as axudas aos beneficiarios entre os que se atopan a Asociación Cultural San Roque de Morgadáns, a Agrupación Deportiva Vincios, a Sociedade Atlética Val Miñor e o Gondomar Club de Fútbol.

Home ferido nun accidente de tránsito na parroquia de Vincios durante a madrugada.

Correo-e Imprimir PDF
Un home de 31 anos resultou ferido nun accidente sucedido nesta madrugada do mércores 10 de agosto, sobre as 00.45 horas na estrada de Gondomar a Valadares ao seu paso pola parroquia de Vincios. O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial, que trasladou ao hospital vigués de Povisa ao ferido. O accidentado sufriu traumatismo nun cóbado.

O verán non trouxo grandes oportunidades de traballo aos desempregados de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A reactivación do polígono industrial A Pasaxe centra a atención de centos de desempregados gondomareños.

Se ben ao 31 de xullo o desemprego caeu un 3,30% no concello de Gondomar, esta cifra é menos da metade da caída por efecto do verán na media da área metropolitana de Vigo (8,56%), da provincial (7,47% Pontevedra), por debaixo da autonómica (6,30 Galicia) e moi afastada dos outros concellos miñoráns (Nigrán 9,23%, Baiona 10,58%). Se ben o turismo de "sol e praia" non é na historia recente un factor de peso para a creación de emprego en Gondomar, os resultados do 2011 estar por abaixo dos anos anteriores. Tomando o binomio xuño- xullo, a tempada estival repercutiu nun 4,07% no descenso do paro en 2011, cando no mesmo período no 2009 foi dun 7,42% e no 2010 dun 10,43%.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL