Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O concello de Gondomar pide aos seus veciños un consumo responsable da auga

O concello de Gondomar pide aos seus veciños un consumo responsable da auga

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

A alcaldía de Gondomar emitiu nesta xornada un bando facendo un chamado aos veciños no que insta ao consumo responsable da auga. O documento recomenda limitar ou evitar, na medida do posible actividades cotiás como a rega de xardíns, o lavado de coches ou baldeo de rúas. O bando non prevé sancións e o seu obxectivo é sensibilizar desta necesidade á poboación, sinalou o alcalde Fernando Guitián. O documento será colocado en distintos puntos do concello xunto cunha papelería explicativa achegada pola empresa Espina e Delfín, encargada dos servizos de auga potable en Gondomar.

Segundo informara Guitián, este chamado de atención aos consumos, faise por mor dun informe presentado pola devandita empresa onde se advirte sobre a diminución no caudal que o actual consumo diario do municipio provoca. O escrito refire aos derradeiros meses de seca e a necesidade de preservar as actuais reservas de cara ao resto do verán e na espera da tempada de choivas.

O rexedor sinalou a Valminor.info a necesidade de colaborar entre todos os veciños, para transitar sen sobresaltos os próximos meses, aínda que aclarou que Gondomar non ten os problemas de Baiona nin Nigrán, nesta materia.Tamén informou que o consumo responsable afectará favorablemente os recursos hídricos dos que se serven as comunidades de augas que operan en varias parroquias de Gondomar.

O bando advirte, que o consumo de auga "irracional" pode supor unha diminución nos caudais porían en perigo as necesidades básicas do servizo. A través dun comunicado de prensa a alcaldía sinala que "el agua es un bien colectivo que hay que cuidar para el futuro” polo que pide aos veciños un “esfuerzo” e " restrinjan el gasto todo lo que sea posible para poder garantizar la existencia de agua potable para las necesidades básicas de las personas”.