Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Aberto o prazo de inscrición para as axudas escolares en Gondomar.

Aberto o prazo de inscrición para as axudas escolares en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
chano

O Concello de Gondomar publica a convocatoria de axudas municipais para a compra de material escolar e para o comedor do próximo curso 2011-12. As axudas de material escolar están dirixidas aos alumnos dos centros docentes públicos da segunda etapa de educación infantil, e as de comedor aos alumnos dos centros públicos de educación infantil e educación primaria. O prazo para presentar as solicitudes termina o 3 de setembro (inclusive).

As bases reguladoras da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello e no departamento de Benestar Social na Casa da Cultura