Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os socialistas de Gondomar reclaman as axudas para escolares que o Concello aínda non convocou.

Os socialistas de Gondomar reclaman as axudas para escolares que o Concello aínda non convocou.

Correo-e Imprimir PDF
Escola de Guillufe, parroquia de Morgadáns.

O PSOE de Gondomar reclama ao alcalde Fernando Guitián a urxente elaboración das bases para as axudas a comedor e materias escolar para os alumnos do municipio. Os socialistas esixen ao rexedor que de conta por escrito os motivos da demora a devandita convocatoria que habitualmente se facía no mes de maio e da que este ano aínda non hai novas. O concelleiro Francisco "Paco" Ferreira, portavoz da agrupación socialistas de Gondomar opina que "os pais cada vez máis necesita do comedor e de axudas para poder conciliar a súa vida familiar e laboral para chegar a fin de mes".

Unha moción a tal fin foi ingresada por rexistro do concello este luns 8 de agosto asinada por Ferreira. Na exposición de motivos os socialistas argumentan que tódolos anos o concello de Gondomar "ven a conceder antes do comezo de cada curso escolar, axudas para material escolar e becas para o comedor ós alumnos/as dos colexios de Gondomar, abrindo o prazo de solicitudes no mes de maio. Nembargante, este ano "aínda non temos nin as bases da convocatoria pública" afirma Ferreira, quen agrega que "nin a confirmación de se haberá, ou non , as tan desexadas e necesitadas -esta ano, máis se cabe, debido á crise- axudas para material escolar e becas para libros."

A agrupación socialista presenta unha moción de acordo de cara ao pleno na que pide "Elaborar as bases de axudas a comedor e material escolar para os alumnos de Gondomar, que previa baremación, poidan beneficiarse das mesmas". Agrega que de no chegarse co trámite ao 12 de setembro (data de inicio do cursos 2011-2012), "o concello contemple nas bases da convocatoria prestar as axudas con carácter retroactivo dende o mesmo día 12 de setembro".

Finalmente os socialistas mocionarán para que"o Sr. Alcalde-Presidente dea conta por escrito á Corporación Municipal, AMPAS, e Dirección dos Centros escolares afectados, os moitvos da demora da confección das devanditas Bases e se vai, ou non , manter esta axudas ós/ás alumnos/as de Gondomar".