Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar EU Gondomar convoca Foro sobre Medioambiente na Casa da Cultura.

EU Gondomar convoca Foro sobre Medioambiente na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF
Foro-medioambiente

Co traballo "A vida da gota de auga no Val Miñor" de Manuel Nande, dará comezo o Foro sobre Medioambiente que organiza o vindeiro venres 24 de agosto a agrupación Esquerda Unida de Gondomar. A obra de Nande trata da historia dunha gota de auga que nace na Serra do Galiñeiro, e va percorrendo o Val Miñor ata a súa morte na Foz da Ramallosa.

O Foro terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar a partir das 20 horas. Unha vez rematada a presentación abrirase unha quenda de preguntas, suxestións e intervencións dos asistentes.