Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Deputación de Pontevedra achega 14.000€ en subvencións para entidades deportivas de Gondomar.

A Deputación de Pontevedra achega 14.000€ en subvencións para entidades deportivas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Campo_futbol

A Deputación de Pontevedra concede 14.000 euros en subvencións a diferentes asociacións culturais e deportivas de Gondomar, anunciou esta tarde a administración municipal. O alcalde accidental, Eladio Costas, entregará o vindeiro xoves as axudas aos beneficiarios entre os que se atopan a Asociación Cultural San Roque de Morgadáns, a Agrupación Deportiva Vincios, a Sociedade Atlética Val Miñor e o Gondomar Club de Fútbol.

As cantidades concedidas, entre os 300 e os 5.160 euros, repártense entre aquelas asociacións que solicitaron axudas para facer fronte a investimentos e gastos. Así, a Asociación Cultural San Roque de Morgadanes recibirá 5.160 euros para a execución de obras de rehabilitación e mellora do centro cultural; e a Agrupación Musical de Vincios investirá os 1.062 euros recibidos na adquisición de instrumentos. Ademais, subvencionarase o deporte de competición federado a través de diferentes asociacións: o Club de Bolos San Miguel de Peitieiros e a Sociedade de Bolos San Vicente de Mañufe para a práctica de bolos Celtas; a Agrupación Deportiva Vincios para o tenis de mesa; o Club 4X para o ciclismo; o Club Laroca para o xadrez; o Club Colombófilo Pombas do Val Miñor para a colombofilia;a Sociedade Atlética Val Miñor para o atletismo; e para a práctica do fútbol recibirán axudas o Club deportivo Chaín, o Club Deportivo Vincios, Gondomar C.F. e Gondomar Fútbol Base.