Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar fixo entrega das subvencións da Deputación de Pontevedra aos beneficiarios.

O Concello de Gondomar fixo entrega das subvencións da Deputación de Pontevedra aos beneficiarios.

Correo-e Imprimir PDF
Concelleira Patricia Durán, deputada Marta Iglesias, o alcalde Fernando Guitián e o Presidente do A Merced de Chaín.

A Deputación de Pontevedra subvenciona con máis de 18.000 euros a diferentes asociacións do concello de Gondomar. A deputada provincial, Marta Igrexas, entregou no concello, ante o alcalde Fernando Guitián, e os concelleiros Patricia Durán e Carlos González, as axudas aos representantes das asociacións.

As axudas percibidas oscilan entre os 800 e os 6.000 euros e terán por fin dedicaranse á mellorar da contorna e os servizos prestados polas asociacións nas diferentes parroquias do municipio. Así os 6.000 euros entregados á Asociación de veciños Santa Eulalia de Doas, dedicaranse a mellorar a canalización de augas pluviais dos camiños da parroquia; os 2.900 euros entregados ao Centro Cultural e recreativo de Peitieiros, destinaranse á recuperación do antigo camiño real entre Peitieiros e Couso; os 2.000 recibidos pola Asociación Cultural San Roque de Morgadanes e pola Comunidade de Augas de Peitieiros, dedicaranse á adquisición de mobiliario e á sinalización de tubaxes de auga no monte e á canalización e distribución de ramais respectivamente; e os 800 euros entregados ao Centro Cultural e Deportivo a Mercé de Chaín destinaranse á instalación de calefactores.