Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A concelleira Natalia Salgueiro salientou a diversidade dos cursos do plan AFD en Gondomar.

A concelleira Natalia Salgueiro salientou a diversidade dos cursos do plan AFD en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Natalia Salgueiro concelleira de Emprego e Formación de Gondomar.

Ten lugar en Gondomar tres cursos AFD dirixidos a desempregados, concedidos pola Concellería de Emprego da Xunta de Galicia. Cun orzamento total de 150 mil euros, dan formación a 45 persoas nas especialidades de Axente Forestal, Administrador de servizos e páxinas web e Auxiliar de Enfermería en Xeriatría. No caso do curso de Enfermería aínda queda unha praza para interesados que deben comprobar formación FP o superior en algún nivel da rama sanitaria. As clases comezaron neste mes de agosto en todas as disciplinas.

Segundo explicou a concelleira de goberno Natalia Salgueiro, responsable do Centro de Desenvolvemento Local, as prazas foron cubertas por desempregados anotados nas oficinas de emprego da bisbarra miñorana. Consultada sobre o por que non foron divulgadas as convocatorias, Salgueiro informou que o Concello xa recibe as listas de candidatos dende o INEM o que non lle permite facer unha convocatoria propia. A execpsión foi o caso de Auxiliar de Enfermería onde a listaxe enviada polo INEM non cubría en su maioría os requisitos esixidos pola Xunta para acceder ao curso, motivo polo cal o Concello fixo unha propia, aínda en vixencia para unha praza.

Os asistentes a estes cursos terán a posibilidade de facer prácticas en empresas o asociacións -unha vez rematadas as clases- a fin de completar a súa formación.

Natalia Salgueiro, concelleira de Emprego e Formación de Gondomar, salientou o traballo desenvolvido polo persoal da concellaría nesta ocasión, e por "la magnífica labor que, año tras año, vienen desempeñando, haciendo posible el buen funcionamiento de estos cursos." A concelleira mostrouse satisfeita pola diversidade dos cursos concedidos, "ya que dan respuesta a las inquietudes de diferentes sectores de la población", sinalou.