Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar oferta un curso de Auxiliar de enfermería e outro en Limpeza de superficies e mobiliario

Gondomar oferta un curso de Auxiliar de enfermería e outro en Limpeza de superficies e mobiliario

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Traballo e Benestar, dentro do Plan Formativo para Desempregados (AFD) acaba de conceder ao Concello de Gondomar os cursos de Auxiliar de enfermería en xeriatría e Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, en resposta ás solicitudes presentadas á Xunta desde a Concejalía de Emprego do municipio.

O curso de Auxiliar de Enfermería en xeriatría, que conta cun orzamento total de 37.750 euros, dará comezo no mes de xullo e terá unha duración de 328 horas durante 66 días lectivos. O curso tamén incluirá a docencia de tres módulos transversais: manipulador de alimentos, formación para a igualdade e inserción laboral.
Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, pola súa banda, ten unha duración de 248 horas das cales 80 serán de prácticas obrigatorias en empresas. Esta acción formativa conta co novo certificado de profesionalidade e dispón dun orzamento de 25.084,60 euros.
Ambos cursos están cofinanciados polo Fondo Social Europeo terán lugar en horario de mañá e dispoñerán de 15 prazas, cada un, destinadas ás persoas traballadoras desempregadas, que estean inscritas o Servizo Público de Emprego de Galicia.
As persoas interesadas poden informarse no Centro de Desenvolvemento Local (Avda. Conde s/n ou teléfono 986 384 020) ou o a oficina de emprego de Baiona, onde obrigatoriamente deben realizar a inscrición previa.
Á finalización dos cursos outorgarase un diploma expedido pola Xunta de Galicia.