Sofocado o incendio declarado esta tarde en Viso de Calvos, na parroquia de Borreiros. O incendio que se iniciou ás 16h quedou finalmente sofocado sen ter que lamentar danos, pese á proximidade coas vivendas. Todo apunta a un descuido nas tarefas de limpeza de matorral nunha finca de monte situada nas Escubichas, no linde coa urbanización A Romana.
Gondomar
Sofocado un encendio no monte das Escubichas en Borreiros
A corporación municipal de Gondomar celebrou o seu derradeiro pleno da lexislatura 2007-2011.
O derradeiro pleno municipal da lexislatura 2007-2011 de Gondomar pasou case inadvertido para a vila. Como desde xuño de 2009, os concelleiros xuntáronse ás 9 da mañá no Auditorio Municipal Loís Tobío, esta vez co único fin de dar cumprimento á votación da acta da sesión de maio, a que foi aprobada por unanimidade. O alcalde Martín Urgal deixou sobre a mesa unha frase final de bos desexos á futura corporación que rematou de xeito case inaudible e que non mereceu, de parte dos seu colegas do goberno nin da oposición, comentario algún. Na bancada do BNG, ausencia de Xosé Antón Araúxo. Segundo explicaron os concelleiros nacionalistas ao presidente da mesa, non podía chegar en hora , e dado o único punto da orde do día se podía comezar sen agardar a súa presenza.
O posible acordo público de goberno tripartito para Gondomar: BNG – PSOE – CDL queda desactivado.

De non producirse sorpresas Fernando Guitián será o novo alcalde de Gondomar. Os 7 concelleiros que lle outorgaron as urnas o pasado 22-M deixan ao PP cunha maioría simple que en principio ningunha alianza pre investidura pon en perigo. A iniciativa de conformar un tripartito BNG-PSOE-CDL, naufragou nunha asemblea de militantes do BNG que o pasado luns decidiu non pactar cos partidos “responsables” da moción de censura de 2009. A decisión nacionalista impide o ingreso do CDL de Natalia Salgueiro a un goberno concertado con anterioridade á investidura do futuro alcalde de Gondomar.
O PP rexeita unha iniciativa socialista para incluír a Serra do Galiñeiro na Rede Natura 2000.
- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego presentou unha iniciativa para incluír a Serra do Galiñeiro na actual ampliación da Red Natura 2000, a que foi rexeitada polos populares
-O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra asegura que unha vez rematado o proceso administrativo de adxudicación dos parque eólicos, "será escoitada a opinión dos veciños de Gondomar."
Gondomar: BNG+PSOE+CDL=9. Os nacionalistas chaman á asemblea e o CDL achega a súa cadeira.
{plusone}
CDL + PSOE + BNG= 9 . En Gondomar analizan alternativas se o PP non acada a maioría absoluta.
O BNG de Gondomar referendou a Xosé Antón Araúxo nos seus cargos e citou aos seus militantes a unha asemblea para o vindeiro luns de cara a discutir unha posible alianza de goberno con CDL e o PSOE.
Xosé Antón Araúxo pon os seus cargos a disposición do BNG Gondomar por mor do resultado electoral.
48 horas despois das eleccións municipais, o candidato nacionalista Xosé Antón Araúxo puxo os seus cargos de concelleiro e no partido a disposición da dirección local do BNG Gondomar. Así o confirmou a Valminor.info o responsable da agrupación, Xosé "Pepe" Valverde, quen cualificou a medida como "de hixiene democrática" e parte "da cultura política do BNG". Valverde informou que "o obxetivo era gañar a alcaldía", e ao non acadalo, Araúxo tomou esa decisión política. O responsable local adiantou a súa posición persoal, contraria a que Araúxo abandone as súas responsabilidades como concelleiro e membro da mesa local, pero sinalou que a decisión será tomada pola totalidade da dirección do BNG Gondomar, integrada por 17 persoas.
O PP prepara unha rolda de conversacións con tódolos partidos de Gondomar na busca de gobernabilidade.

Salvo o concelleiro Manolo Gómez, candidato de Iniciativa por Gondomar, ningún dos outros cabeza de lista chamaron ao enxeñeiro Fernando Guitián para saudalo por acadar a maioría simple nas municipais de Gondomar. Unha actitude que abre suspenso sobre a receptividade que terá un chamado ao diálogo que o Partido Popular fará a tódalas candidaturas do municipio. Acordar a "gobernabilidade" do concello é o primeiro obxectivo de quen seguramente sexa o alcalde de Gondomar, aínda que Guitián manteña que por agora non o é. A estratexia marcada polo populares de cara ao 11 de xuño, data da investidura da nova corporación, implicará unha rolda de conversacións onde se avaliará o "grado de implicación" que cada grupo terá no futuro goberno, indicou Guitián.
A candidatura do PP é a máis votada no Concello de Gondomar

De Lis da conta da súa xestión urbanística e espera que a futura administración "valore este traballo".
A redacción do Plan de Urbanismo de Gondomar levou 408 días. Dende o 31 de marzo de 2010 ata a entrada ao rexistro do Concello do derradeiro informe sectorial favorable dos técnicos do POL. A xestión remata unha primeira etapa na que se levan invertidos 300 mil euros. O futuro goberno do municipio terá "un plan vivo e axustado aos criterios da Xunta", opinou o concelleiro de urbanismo Alfonso De Lis durante a rolda de prensa que ofreceu na Casa da Cultura de Gondomar, este venres 20 de maio.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL