Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Sofocado un encendio no monte das Escubichas en Borreiros

Sofocado un encendio no monte das Escubichas en Borreiros

Correo-e Imprimir PDF
Sofocado incendio en Borreiros
icendio_borreiros_1
icendio_borreiros_2
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Sofocado o incendio declarado esta tarde en Viso de Calvos, na parroquia de Borreiros. O incendio que se iniciou ás 16h quedou finalmente sofocado sen ter que lamentar danos, pese á proximidade coas vivendas. Todo apunta a un descuido nas tarefas de limpeza de matorral nunha finca de monte situada nas Escubichas, no linde coa urbanización A Romana.

Os veciños alertaron do lume aos efectivos de emerxencias que se desplazaron ata o lugar montando un dispositivo composto por unha cuadrilla de efectivos de extinción, un helicóptero e un camión motobomba da Consellería de Mediorural da Xunta de Galicia. Ao incendio tamén se echagou o único bombeiro do GRUMIR operativo con outro camión motobomba así como efectivos da policía local e da garda civil.

O incendio non revestiu gravidade nin houbo que lamentar ningún tipo de danos persoais nin materiais, pese a que o lume estaba pegado a un dos chalets lindeiros á urbanización A Romana. Efectivos de mediorural sinalaron a valminor.info que ainda que era precipitado aventurar as causas, todo apuntaba a ser un descuido humán nas tarefas de limpeza da finca afectada.

Ás 18h dábase por sofocado o incendio en medio dunha intensa e espesa fumareda que cubriu as casas da zona.

Dim lights Embed Embed this video on your site