A pesar de ter tan só 12 anos de construído o edificio do CEIP Chano Piñeiro en Gondomar ten o tellado estropeado. Segundo o informado pola ANPA Pousa de Fontán, dende o curso pasado, cando chove se producen goteiras "o que obriga a dirección do centro a pechar os baños, polo risco que supón para os alumnos", de feito, os pais aseguran que debido as devanditas goteiras chegan "a caer as planchas do falso teito". Hai un mes unha técnica da Xefatura Territorial que visitou o edificio, ditaminou a necesidade de cambiar o tellado debido a seu estado. Ante a falla de comunicación por parte da administración da resolución tomada a ANPA presentou este 2 de maio un escrito ao Xefe Territorial de Educación de Pontevedra esixindo unha solución rápida do problema. A asociación de pais ameaza con tomar medidas de forza en caso de non obter unha resposta satisfactoria das autoridades competentes.
Gondomar
A tan só 12 anos da súa construción o CEIP Chano Piñeiro debe pechar os baños cando chove.
Fernando Guitián e mais o conselleiro Agustín Hernández percorrerán a vila de Gondomar

O candidato popular Fernando Guitián e mais o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández percorrerán parte do núcleo urbano de Gondomar este martes. O concelleiro chegará a vila sobre as 19 horas. Segundo indicou o secretario de prensa Fernando Oriol, o motivo da visita será manter unha reunión interna de traballo na sede do Partido Popular de Gondomar, na que o candidato Fernando Guitián e o seu equipo lle transmitirán "de primeira man" a Hernández, "as súas prioridades para o Concello, con especial incidencia no Plan Xeral e no polígono da Pasaxe como dinamizadores de emprego, ademais de saneamento, estradas, rúas e beirarrúas, entre outras".
A Deputación de Pontevedra comprométese a actuar na estrada Gondomar - Morgadáns, EP 2302
O deputado provincial e concelleiro nacionalista de Gondomar, Pauliño del Río presentou no parlamento galego unha moción para solucionar a situación da estrada EP 2302 que unha as parroquias de Gondomar, Chaín e Morgadáns. Esta estrada carece dos niveis mínimos de seguridade para o tránsito peonil e tamén vehicular. De feito provocou hai dous meses a recollida de máis de mil sinaturas por parte dos veciños, as que foron entregadas ás administracións acompañando o reclamo de intervención. "Despois de pasados dous meses sen que o goberno municipal de Gondomar nin a Deputación tomaran ningunha medida ao respecto", del Río volveu a presentar o tema na comisión parlamentaria do pasados 29 de abril, obtendo a aprobación por unanimidade dos grupos presentes, para comezar a devandita intervención da Deputación.
Un triunfo de Natalia Salgueiro en Gondomar significará o mesmo que cando gañou Obama din no CDL.
O auditorio Lois Tobío recibiu a presentación da candidatura da concelleira Natalia Salgueiro á alcaldía de Gondomar polo Centro Democrático Liberal (CDL). Segundo os organizadores o auditorio encheuse de público ficando de pé unhas 50 persoas. " El triunfo del esta mujer sería un hito tan importante para los gondomareños como lo ha sido para los estadounidenses la elección de Obama" afirmou José Manuel Palacín, presidente de CDL Galicia, polo seu caracter rupturista coa tradición. Lembrou que "en 35 años de democracia Natalia Salgueiro es la primera mujer que se presenta a la Alcaldía en Gondomar". Pola súa banda, o ex presidente local do PP, Eladio Bargiela cualificou a Salgueiro como unha "excelente gestora y persona". A candidata centrou o seu discurso na xestión municipal e a " conveniencia de las inversiones ya efectuadas en Deportes, Cultura, y Vías y Obras. "
Agrávase a crise entre funcionarios e autoridades do Concello de Gondomar.

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar decidiu emprender accións legais e administrativas tendentes á anulación da resolución do Alcalde Martín Urgal e o seu equipo de goberno, de afastar á Secretaria Municipal e a Técnica de Administración Xeral, da súa labor de “informar, requirir ou incidir” na tramitación de todos os expedientes de contido urbanístico”. Os funcionarios municipais entenden que as devanditas resolucións do Concello de Gondomar deben ser anuladas “por infrinxir o ordenamento xurídico e por vulneración de dereitos constitucionais”. Neste senso foron presentadas as solicitudes ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, perante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Dirección Xeral de Administración Local) e ante o Valedor do Pobo. Os traballadores describiron a relación entre funcionarios e goberno como “tensa y grave”, logo dunha semana onde se reiteraron comunicados da alcaldía intimidando ás funcionarias a non exercer “obstrucións" a labor do asesor externo contratado Martínez Torea, que as suple nas súas competencias urbanísticas.
Foro sobre a muller e proxección do Filme Digna Rabia na Casa da Cultura de Gondomar, organizado por EU.
Esquerda Unida Gondomar organiza o “Foro participativo sobre Muller”, este sábado 30 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Ao comezo proxectarase o documental "Digna Rabia", realizado pola Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Universidade de Vigo, que ofrece unha visión da situación das mulleres dende o principio do franquismo ata a actualidade e o desenvolvemento dos movementos feministas. Rematada a proxección falará Tereixa Otero Dacosta do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O foro é aberto a todo público.
O BNG denuncia ao Cuatripartito de Gondomar de aprobar cun ano de retraso as contas de 2009.
O goberno cuatripartito de Gondomar aprobou a Conta Xeral de 2009 durante o pleno ordinario celebrado na mañá deste xoves 28 de abril. A conta que debía estar aprobada nos primeiros meses de 2010, impediu dispor de 3 millóns de euros que tiña a súa disposición, segundo denunciou ao oposición do BNG. "Cun volume de débeda a provedores de máis de 2,5 millóns de euros e en pleno proceso de concertación dunha operación de creto por valor de 400.000€ que vai endebedar aínda máis ao Concello a longo prazo, deixar de utilizar 3 millóns de euros a custe cero por non presentar as contas a tempo é un insulto á cidadanía de Gondomar", opinou Pauliño del Río, portavoz dos nacionalistas na corporación.
Hoxe ás 22h debate entre os candidatos á alcalía de Gondomar no plató de Vía Televisión.
Hoxe ás 22:00 horas, Via Televisión de Vigo emitirá un debate entre os candidatos á alcaldía de Gondomar. Xosé Antón Araúxo (BNG), Natalia Salgueiro (CDL), Manuel Gómez (IPG) e Francisco Ferreira (PSOE), debaterán sobre urbanismo, economía, emprego e a xestión da administración local, nunha mesa que estará moderada pola xornalista Silvia Rueda. Dende o Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar) o programa pódese seguir a través de Internet xa que o TDT da comarca aínda non sintoniza a canle.
Podes ver tamén neste enlace. http://livestre.am/u4Dh
O Pleno da EML de Morgadáns aprobará 30.000€ para pagar obras "que non constan" segundo o BNG.

O vogal nacionalista Xaime Luxilde, da parroquia de Morgadáns (Gondomar), denuncia ao presidente da Entidade Menor Local, Urbano Esmerode de querer pagar case 30.000 euros a unha empresa local por obras das que non se ten constancia da súa execución, nin existe un plan de obras que as contemple. Nun escrito feito público na tarde de onte, Luxilde afirma que a devandita empresa está "xerenciada por coñecidos militantes do Partido Popular locais, e vinculada a practicas viciosas no Concello de Gondomar". O vogal do BNG afirma que tratase dun "burdo intento de escamotear a vecindade" xa que o monto representa entre un 10% e un 13% do orzamento ordinario da entidade. Pola súa banda, Esmerode asegurou a Valminor.info que as obras están feitas e a documentación correspondente consta nas oficinas da entidade. O tema será debatido no pleno da xunta veciñal a celebrarse hoxe en Morgadáns.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL