A cobertura en saúde aos funcionarios municipais penden dun fío no Concello de Gondomar. Así o fixo saber o comité de persoal quen denuncia ao goberno cuatripartito de non pagar á Mutua FREMAP, encargada da mesma as facturas correspondentes aos anos 2009 e 2010. Debido a este retraso, os funcionarios recentemente puideron comezar os controis médicos anuais programados para febreiro, neste mes de maio. Pero as citas xinecolóxicas da funcionarias aínda seguen sen darse ata que segundo o denunciado pola mesa, o concello non pague á Mutua FREMAP o debido. Os funcionarios responsabilizan á concelleira Natalia Salgueiro, quen recibiu o informe da situación no mes de xaneiro. A pesar diso, e ás promesas de facer fronte aos compromisos, a mesa denuncia que no último recoñecemento extraxudicial de crédito non se incluíu máis que unha factura. O resto séguese a deber, e no correr desta semana a Intervención informoulles que non foron presentados a trámite de pago o resto das facturas.
Gondomar
O goberno de Gondomar debe as facturas 2009 -2010 á empresa que da cobertura á saúde dos funcionarios.
Esquerda Unida de Gondomar pecha a campaña cun acto artístico, e debate sobre o seu programa.
Esquerda Unida de Gondomar pecha a súa campaña electoral este venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. No acto o monologuista Bentito Gerreiro desenvolverá o seu espectáculo “Que é a política?”. Posteriormente, a candidatura encabezada por Josué Villar explicará o seu programa para Gondomar para logo abrir debate entre os presentes.
A Falange retirouse do debate no IES Auga da Laxe de Gondomar cando Galiza Nova despregou unha pancarta.
A mesa redonda que ía celebrarse entre os candidatos ás eleccións municipais de Gondomar no IES Auga da Laxe rematou só nunha comparecencia de Esquerda Unida e o PSOE. Se ben tamén concorreron á cita do Departamento de Filosofía do IES o candidato do PP Fernando Guitián, o número 2 de IXG, Alfonso De Lis e máis José Francisco Castro da Falange Española de las JONS, a irrupción dun grupo de simpatizantes Galiza Nova (mocidade do BNG), cunha pancarta recriminando a presenza deste último na sala, provocou o retiro de Castro e os de Guitián e De Lis. O candidato Antón Araúxo xa tiña anunciado non concorrer por mor dunha decisión do Bloque de non participar en ningún acto onde estivera presente Falange. Feito que confirmou minutos antes do comezo do evento a Valminor.info. Pola súa banda De Lis afirmou a este medio que tanto el como Guitián decidiron abandonar a mesa por entender que os manifestantes xeraban un clima de "intolerancia" que non permitía o normal desenvolvemento da actividade.
Manuel Gómez e Alfonso De Lis presentan o programa de IXG este mércores no Auditorio Municipal.
Este mércores 18, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Gondomar, Iniciativa por Gondomar (IXG) fará o seu acto central. Nel intervirán a candidata número 3 da parroquia de Vincios, Eva María Bargiela, o candidato número 2 e actual 1º Tenente de alcalde e delegado de Urbanismo de Gondomar, Alfonso De Lis e pechará o acto o concelleiro de Vías e Obras Manuel Gómez, candidato a alcalde por IXG.
O PXOM Gondomar está listo para a súa aprobación inicial e contaría coa vontade política dos partidos.
O 1º Tenente de Alcalde de Gondomar e concelleiro de urbanismo Alfonso De Lis, comunicou esta tarde que o municipio xa conta cun Plan Xeral de Ordenación Urbanística con tódolos informes sectoriais favorables e "adaptado a las determinaciones establecidas y asumidas por la Secretaría General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, el Ayuntamiento de Gondomar y el equipo redactor,". A nova foi ratificada polo alcalde Martín Urgal, quen asegurou que o vindeiro mércores a xunta de goberno decidirá se convocar un pleno neste mandato o deixará todo lista para a súa aprobación inicial no primeiro pleno de xuño. Segundo puido constatar Valminor.info, o resto das formacións políticas que non integran o actual goberno municipal, de non atopar elementos conflitivos o graves, intentarán rematar esta primeira etapa coa aprobación inicial do documento. Con isto, tanto De Lis como o alcalde Urgal afirmaron ter cumprida a súa promesa de deixar debidamente instrumentado o PXOM de Gondomar antes da finalización do seu mandato. De celebrarse no vindeiro mes de xuño a aprobación inicial, logo pasaría un período de exposicións ao público de 2 meses , o que de non xurdir inconvenientes, Gondomar remataría o 2011 co PXOM aprobado.
O BNG Gondomar presentou o seu programa de goberno no acto central de campaña.
O BNG de Gondomar ordenará unha auditoría externa co obxectivo de aclarar a situación financeira do Concello. Así o anunciaron os nacionalistas que lembraron que cando tomaron o goberno en 2007 recibiron as arcas municipais cunha débeda de 1,5 millóns de euros aos provedores. En dous anos de xestión de Araúxo o concello paso a non deber anda, aseguraron. Sen embargo, o goberno de Martín Urgal deixará 2,5 millóns de débeda aos provedores, afirmou o concelleiro e deputado provincial Pauliño del Río. No marco do acto central de campaña no Auditorio Lois Tobío o pasado domingo, o BNG presentou o seu programa de goberno de cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.
O IES Auga da Laxe invita ás candidaturas de Gondomar a un coloquio onde presentar as súas propostas.
O concello de Gondomar podería ter por primeira vez na súa campaña electoral a tódalas candidaturas sentadas nunha mesma mesa para debater. Para iso deberá prosperar unha iniciativa do Departamento de Filosofía do I.E.S. Auga da Laxe que convocou aos partidos políticos a expoñer as súas propostas de campaña o vindeiro xoves 19 de maio. O obxectivo é que os alumnos deste centro de ensino poidan logo da exposición de cada grupo facer preguntas aos candidatos presentes. A acto terá carácter aberto e poderán asistir ademais dos profesores, os pais e nais dos alumnos e calquera persoa que se achegue . A invitación foi formulada na tarde de onte a tódalas agrupacións partidarias que deberán confirmar a súa asistencia antes da noite do próximo mércores 18.
En Gondomar a única persoa privada de liberdade polos casos de corrupción... foi por denuncialos.

Amalia Vicente está de arresto domiciliario. Por 72 horas non poderá saír da súa casa por mor dunha decisión xudicial baseada nunha declaración da Garda Civil, que afirmou atoparlla pintando nun edificio unha mensaxe de contido inxurioso contra un membro do actual goberno municipal de Gondomar. A testemuñas de outros veciños din que ela non fixo a devandita pintada, só estaba denunciando a corrupción en Gondomar que por aqueles días, ocupaba os titulares da prensa. Entre 2007 e 2011, despois dunha morea de denuncias, confesións de parte e sentenzas xudiciais por delitos de corrupción, prevaricación, suborno, que colocaron a este municipio miñorano ao borde do colapso, Amalia Vicente é a única persoa que foi privada da súa liberdade... e foi por denuncialo.
Veciños cansos dos casos de corrupción en Gondomar asinan manifesto polo voto responsable.

Sesenta veciños sen afiliación partidaria asinaron un manifesto onde afirman estar "avergoñados dos políticos que gobernaron sen dignidade" o Concello de Gondomar. Manifestan estar cansos de que Gondomar "sexa coñecido polos seus escándalos de corrupción", e o "desfile dos seus gobernantes polos estrados xudiciais". Lamentaron que en pleno século XXI se sigan observando neste municipio as prácticas de caciquismo, prebendas, acomodos de familiares, altos soldos , contratación de amigos, casos que aseguran son "ben coñecidos" pola veciñanza. Por todo isto, fan un chamado á sensibilidade e á conciencia cívica dos cidadáns de Gondomar para realizar un "voto responsable" nas vindeiras eleccións municipais. "Votemos con responsabilidade por políticas honestas e persoas honradas que defendan os intereses comunitarios de todos", sinalan nun escrito que pretende distribuír polo municipio neste última semana de campaña.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL