Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PXOM Gondomar está listo para a súa aprobación inicial e contaría coa vontade política dos partidos.

O PXOM Gondomar está listo para a súa aprobación inicial e contaría coa vontade política dos partidos.

Correo-e Imprimir PDF
centrogondomar

O 1º Tenente de Alcalde de Gondomar e concelleiro de urbanismo Alfonso De Lis, comunicou esta tarde  que o municipio xa conta cun Plan Xeral de Ordenación Urbanística con tódolos informes sectoriais favorables e "adaptado a las determinaciones establecidas y asumidas por la Secretaría General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, el Ayuntamiento de Gondomar y el equipo redactor,". A nova foi ratificada polo alcalde Martín Urgal, quen asegurou que o vindeiro mércores a xunta de goberno decidirá se convocar un pleno neste mandato o deixará todo lista para a súa aprobación inicial no primeiro pleno de xuño. Segundo puido constatar Valminor.info, o resto das formacións políticas que non integran o actual goberno municipal, de non atopar elementos conflitivos o graves, intentarán rematar esta primeira etapa coa aprobación inicial do documento. Con isto, tanto De Lis como o alcalde Urgal afirmaron ter cumprida a súa promesa de deixar debidamente instrumentado o PXOM de Gondomar antes da finalización do seu mandato. De celebrarse no vindeiro mes de xuño a aprobación inicial, logo pasaría un período de exposicións ao público de 2 meses , o que de non xurdir inconvenientes, Gondomar remataría o 2011 co PXOM aprobado.

Pola súa banda, o concelleiro De Lis dando conta da súa labor, informou que coa reviviscencia das normas anteriores ao derrogado PXOM 2007, o Concello ten achegado en  menos de dous meses a concesión de máis de 60 licencias destinadas a construción de vivendas unifamiliares, reformas, rehabilitacións e de actividades comercias. Tamén asegura que outras tantas esperan ao momento da aprobación do PXOM por non atoparse incluídas nas parcelas dos novos núcleos rurais delimitados.

Nun comunicado público emitido a 48 horas do acto central de campaña da súa formación política Iniciativa por Gondomar (IXG), De Lis desafía aos concelleiros do BNG "y sus coreógrafos" a que " busquen a través de todo el Plan los signos de corrupción tan propalados con su lengua ponzoñosa, siguiendo los modos del fascismo más abyecto, enmarcado en la difamación y la violencia…".

O delegado de Urbanismo afirmou que "Gondomar, que es lo que importa, dispone de un documento urbanístico justo, en cuanto a la distribución de beneficios y cargas, viable económicamente, estable y perdurable a través de un largo periodo de tiempo, ya que dispone de todos los informes favorables". De Lis manifestou que lamentaba que o POL, último plan que deu o visto e prace ao PXOM, non estivese aprobado en febreiro pois tería permitido rematar antes o proceso. Tanto o alcalde Martín Urgal, como o concelleiro De Lis, destacaron o valor que este logro ten para todo Gondomar, e o que significará para a reactivación económica e do emprego na zona.