Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Unha achega do BNG Gondomar informa dos prazos legais dun posible PXOM Express.

Unha achega do BNG Gondomar informa dos prazos legais dun posible PXOM Express.

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Arauxo

O Bloque acaba de  emitir un comunicado de prensa onde acusa ao goberno de “mentirlle á cidadanía cando anuncia una aprobación inicial inminente”. O estudo dos prazos mínimos feitos pola organización nacionalista estiman en sete meses unha posible aprobación. Por outra banda, os concelleiros de BNG solicitaron una ao concello unha copia da redacción do PXOM para coñecer os contidos.

Os prazos do PXOM Express segundo o BNG

“Falando da tramitación e dos prazos que a Lei do Solo de Galicia marca, estes señores volven a mentirlle á cidadanía cando anuncian unha aprobación inicial inminente, pois ben: a devandita Lei no seu arti.85-1 di que despois de recibir o documento feito polo equipo redactor, será informado pola Secretaria e polo Arquitecto municipais para comprobar a calidade técnica e xurídica do redactado, e feito o cal, será remitido á Xunta que ten un prazo de dous meses para informalo e devolvelo ao Concello.

O art. 85-2, supoñendo que estea todo OK e que a Xunta non lle faga correccións e o informe favorablemente, sería o momento da aprobación inicial polo pleno do Concello, e de novo outros dous meses para proceder a súa exposición pública e presentación de alegacións. Alegacións que rematado ese período teñen que ser contestadas unha por unha.

O artigo 85-3 di que ao mesmo tempo que se expón ao publico hai que conseguir todos os informes sectoriais que preceptivamente teñen que acompañar ao PXOM: Costas, Patrimonio, Deputación, etc, etc.

Art. 85-4. previo á aprobación provisional, todo o expediente: PXOM informado pola Xunta, alegacións, informes sectoriais, etc, serán remitidos ao organismo da Xunta responsable do Medio Ambiente, para que o volva a informa: outros dous meses.

Art, 85-7, cumprido ese trámite procederíase á Aprobación Provisional polo Pleno da Corporación, volvéndollo a mandar á Xunta que é quen o aprobaría definitivamente e para o que ten un mes.

No caso extraordinario de que todo estivese correctísimo e de que os técnicos do Concello e os do equipo redactor traballasen día e noite e sábados e domingos, estaríamos a falar de SETE MESES, cousa de difícil cumprimento co Nadal, Semana santa ou, as propias eleccións municipais polo medio.”

O comunicado redactado polo ex rexedor e actual concelleiro Antón Araúxo, agrega que “No que se refire ao publicado hoxe nos medios de comunicación, o BNG solicitou hoxe mesmo por escrito unha copia do devandito documento. Por fin poderemos comprobar e aclarar algunhas cuestións de moito interese e repercusións para Gondomar. E aínda que sospeitamos que o goberno, coma xa fixera cando expulsou ao BNG da mesa de contratación seguirá na súa liña obscurantita de negarnos calquera tipo de información, antes ou despois imos saber se estamos diante dun novo PXOM ou, se xa estaba redactado. Se está recollido nel como é obrigado por Lei o Plan de Ordenación do Litoral ou, en que medida lle afectan as novas directivas de Ordenación do Territorio, así como tamén os viais do Vigo Íntegra ou a circunvalación á Vila de Gondomar.

Do resto do contido, falaremos cando coñezamos a documentación completa. Cómpre dicir, que cando o PXOM do 1997, a oposición dispuxemos dende o principio dos borradores do novo PXOM, mantendo contactos periódicos cos redactores e co goberno”, remata o escrito.