Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: O PXOM borra do ordenamento a Praza de abastos, o Xulgado de Paz e 60 vivendas no rural.

Gondomar: O PXOM borra do ordenamento a Praza de abastos, o Xulgado de Paz e 60 vivendas no rural.

Correo-e Imprimir PDF
image gallery
Download this file (límite de edificación 40 mtr PGOU Gondomar.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Imaxinar a vila de Gondomar sen os senlleiros edificios proxectados polo arquitecto José Bar Bóo: a praza de abastos e o actual edificio do Xulgado de Paz. Ou dar un paseo pola beira do Miñor onde xa non se ergue o vello matadoiro municipal. Todo isto pode pasar se a actual redacción do PXOM non é modificada antes da súa aprobación. Todos estes edificios están fóra da actual ordenación urbanística que tramita o Concello de Gondomar coa empresa Eptisa segundo deixa en evidencia un informe elaborado polo concelleiro non adscrito Eladio Costas. A estes tres edificios do equipamento público súmanse catro edificios de vivendas do casco e nada menos que 60 fincas localizadas en núcleos rurais, das cales seis forman parte do Inventario de Elementos Catalogados en Carrasquedo de Abaixo como se pode observar nos mapas elaborados polo ex concelleiro do PP, adxuntos a esta nota.

Por que quedan fóra da ordenación as edificación á beira do río Miñor?

Unha deficiente interpretación das leis estaría detrás da ordenación que deixa fóra todas estas edificacións. Así o entende Costas quen advirte que foron delimitadas seguindo o Regulamento de Dominio Hidráulico que establece unha zona de policía de 100 metros e unha de servidume de 5 metros para as marxes das canles. Sen embargo, puntualiza, que a mesma non é aplicable aos núcleos rurais e solos urbanos segundo o determina a Lei de Solos de Galicia no seu artigo 32.2 (d. No caso das edificacións afectadas só rexen “os 5 metros de servidume”, como se aplicou na solución ao problema da gasolineira de A Pasaxe, sobre o mesmo río, afirma Eladio Costas. Polo cal non hai razón para que agora as edificación na beira do Miñor se atopen fóra da ordenación prevista polo PXOM de Gondomar.

Os “desguisados” foran advertidos por Costas hai 2 ao alcalde de Gondomar.

Salienta que “co mellor dos ánimos” entregou en 2012 un CD con todas estas “anomalías” e “despropósitos” ao alcalde Fernando Guitián ca fin de que foran corrixidas. “Hoxe, só co visto podo dicir que nin o alcalde nin o concelleiro de Urbanismo, nin o equipo redactor” revisaron nin fixeron as necesarias modificacións para salvar os erros.

“O PXOM é imprescindible para o desenvolvemento  de Gondomar, levamos á espera da súa  conclusión 8 anos, tres desde que Guitian é alcalde, pero avanzo que haberá sorpresas aínda máis curiosas e graves, que moi dificilmente poderán facer viable este PXOM”, sinala o concelleiro non adscrito. Costa responsabilizas destes “desguisados” son responsabilidade “de Guitián e o concelleiro de Urbanismo”.