Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Fernando Guitián afirma que é falso que o PXOM de Gondomar estea listo para a súa aprobación.

Fernando Guitián afirma que é falso que o PXOM de Gondomar estea listo para a súa aprobación.

Correo-e Imprimir PDF
O rexedor Fernando Guitián afirmou que é

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, nega que o anterior goberno do tamén popular Martín Urgal deixase listo para someter a aprobación inicial o Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). Guitián asegura que existen informes coincidentes, tanto da Xunta de Galicia como dos técnicos municipais, enumerando deficiencias técnicas "que hai que corrixir". Con estas declaracións, o rexedor quixo saír ao cruce das acusacións vertidas polos opositores Partido Socialistas e Iniciativa por Gondomar, os que acusaron á administración municipal de "bloquear" o trámite aprobatorio.

Nun comunicado público, Guitián afirma que "lonxe de paralizar a tramitación do plan como se afirmou" deu instrucións e estanse celebrando reunións semanais que el mesmo preside entre a empresa encargada da redacción do plan, os técnicos do Concello, o concelleiro de Urbanismo, e técnicos xurídicos do Concello con esa finalidade.

No escrito, Guitián sinala que "non vai cometer a irresponsabilidade de someter a aprobación inicial un PXOM con reparos técnicos mentres non sexan emendados, sexan os reparos por parte da Xunta ou dos técnicos municipais, que son os encargados de informar as licenzas".

O rexedor pormete que unha vez emendados os erros técnicos," e co visto e prace da Xunta, convocarase a todos os grupos da oposición para intentar que a aprobación inicial sexa co maior consenso posible." Mentres tanto, afirma que non ten ningún inconveniente en que se concedan todas e cada unha das licenzas que, "conforme á normativa vixente, conten co visto e prace dos técnicos municipais, tanto no aspecto técnico como no xurídico."